Tinder ampliou a súa plataforma e agora permite utilizar a aplicación en 60 idiomas, entre eles o galego, co obxectivo de promover a inclusión e a equidade lingüística. A compañía destaca que o idioma é fundamental para expresarse e conectar cos demais, e que esta actualización permite vivir a experiencia das citas de maneira máis auténtica. A nova versión inclúe tamén, entre outros, albanés, éuscaro, bosníaco, birmano, xeorxiano, macedonio, suahili...
Fonte: Galicia Confidencial
Sección:



