No foro «Un país coa súa lingua» propuxéronse medidas para favorecer a integración lingüística de persoas migrantes, como programas de acollida transcultural, puntos de encontro en galego no rural e contidos dixitais adaptados. Tamén se reclamou visibilizar o galego na sanidade e na ciencia e destacouse a necesidade de promover o idioma en ámbitos clave da vida social. Así mesmo, recoñeceuse a diversidade como unha oportunidade para fortalecer a lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Sección:



