Novas

Un total de 28 universidades reclaman a oficialidade do galego, catalán e éuscaro na Unión Europea
20 de xullo de 2025

Un total de 28 universidades reclaman a oficialidade do galego, catalán e éuscaro na Unión Europea

A Universidade de Santiago de Compostela, xunto coas 22 universidades que integran a Xarxa Vives, a Universidade Pública de Navarra (UPNA), a Universidade do País Vasco (EHU), a Universidade de Deusto, Mondragon Unibertsitatea e a Universidade de Vitoria-Gasteiz EUNEIZ, subscribiron un manifesto conxunto no que reclaman ao Consello da Unión Europea o recoñecemento oficial do galego, o catalán e o éuscaro como linguas da UE. As institucións asinantes defenden que esta oficialidade representaría un paso fundamental no recoñecemento da diversidade lingüística da Unión, así como na protección dos dereitos lingüísticos, da liberdade académica e da creación científica no ámbito universitario.

Fonte: USC

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder