Novas

Un total de 33 marcas de moda traballa na incorporación do catalán para cumprir co Código de Consumo
08 de xaneiro de 2026

Un total de 33 marcas de moda traballa na incorporación do catalán para cumprir co Código de Consumo

O Departamento de Política Lingüística logrou duplicar en 2025 o número de marcas téxtiles que incorporan o catalán na etiquetaxe, ata acadar que case dous terzos das firmas máis coñecidas cumpran xa a normativa vixente. A iniciativa céntrase tanto en convencer as marcas que aínda non adoptaron a lingua propia nos seus produtos como en avanzar cara á súa presenza tamén nos espazos de venda dixital. O obxectivo é consolidar o uso normalizado do catalán no sector da moda, tanto na información ao consumo como na relación en liña coa clientela.

Fonte: El Món

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder