O Departamento de Política Lingüística concedeu subvencións a 56 proxectos para promover o uso do catalán en produtos tecnolóxicos e ferramentas dixitais. Os proxectos seleccionados inclúen áreas como a intelixencia artificial, a educación dixital, a accesibilidade, a cultura e os videoxogos e consolidan o catalán como lingua funcional en contornos tecnolóxicos avanzados. As entidades beneficiarias, entre empresas e asociacións, recibirán unha media de 19 861 euros para desenvolver iniciativas que van dende aplicacións de IA ata plataformas educativas e culturais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comunidade:
Sección:



