Novas

A Universidade de Barcelona desenvolve un sistema baseado en IA para facer máis accesible a docencia en catalán
21 de abril de 2025

A Universidade de Barcelona desenvolve un sistema baseado en IA para facer máis accesible a docencia en catalán

A Universidade de Barcelona desenvolverá un sistema de transcrición en tempo real, chamado SCRIBAL, baseado en intelixencia artificial, para mellorar a accesibilidade na docencia en catalán. Este proxecto, que facilitará a transcrición de clases e conferencias, está deseñado para apoiar o alumnado con discapacidades auditivas e o que non domina a lingua de instrución. O sistema tamén se adapta aos diferentes dialectos do catalán e incorpora unha perspectiva de xénero nas súas bases de datos, o que mellorará a precisión das transcricións. O prototipo probarase nas aulas da universidade para validar a súa efectividade.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder