Novas

A Universidade de Santiago lidera un proxecto que analiza a alternancia de idiomas en contextos multilingües
16 de xuño de 2026

A Universidade de Santiago lidera un proxecto que analiza a alternancia de idiomas en contextos multilingües

‘BabelBrain. O cerebro de Babel’, liderado por M. Carmen Parafita Couto na USC, investiga como as persoas adaptan o uso das linguas en contextos multilingües, comparando Galicia e Xibraltar. O proxecto recompila fala espontánea e cuestionarios para documentar interaccións reais e, posteriormente, analízaas mediante métodos experimentais coa finalidade de comprender o procesamento lingüístico e a influencia do contexto social. Entre os resultados previstos está a creación de corpus abertos de fala multilingüe, útiles para a comunidade científica e para o desenvolvemento de modelos de intelixencia artificial máis sensibles á diversidade lingüística.

Fonte: Univesidade de Santiago de Compostela

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder