O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na homenaxe a Teresa Rodríguez Castelao, irmá de Afonso Daniel, organizada polo Partido Galeguista co gallo do 25º aniversario do seu pasamento. A homenaxe, consistente nun oficio relixioso que acolleu a igrexa de Santa Comba e nunha ofrenda floral na sepultura na que Teresa repousa canda a outra irmá, Josefina, no camposanto rianxeiro. Os actos foron organizados polo Partido Galeguista no marco da celebración do Ano Castelao e neles participaron tamén canda García Gomez o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López; o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o herdeiro de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Javier Baltar, e o párroco Marcelino Sánchez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega



