A convocatoria anual de subvencións da Xunta á creación audiovisual para a promoción do talento galego neste sector conta en 2025 cunha dotación de 176 000 euros para 11 novas curtas e longametraxes en versión orixinal galega. Segundo as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia, con esta contía contribuirase á realización de seis novas curtametraxes con 8000 euros por proxecto, á posprodución de dúas curtas, con 4000 euros en cada caso, e á produción de tres longametraxes de dirección novel, con 40 000 euros por filme.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



