A Xunta confía en acadar pronto o consenso político ao redor do Pacto pola Lingua proposto aos grupos parlamentarios entre as medidas de impulso do galego porque “sería unha boa nova no relativo á percepción da poboación con respecto ao seu uso”. Así o afirmou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia onde deu conta das liñas de actuación do Goberno autonómico para fomentar o emprego do galego, que pasan, dixo, “por facer do uso da lingua unha causa de pacto social”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



