A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral da Lingua, Valentín García, e mais na delegada territorial Martina Aneiros, participou no acto no que se anunciaron os 34 proxectos finalistas dos XI Premios Paraugas, cos que o Clúster da Comunicación de Galicia recoñece o talento e o traballo da industria da comunicación e do márketing galegos. A nova edición inclúe por primeira vez unha categoría dedicada ás accións vinculadas a Galicia, centradas na contribución da comunicación e do márketing á promoción da identidade, da lingua, da cultura e do territorio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



