A Federación de Rusia autorizou a introdución de clases optativas de ucraíno nas escolas de Sebastopol, capital e cidade máis poboada da anexionada Crimea.
Fonte: RT
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Federación de Rusia autorizou a introdución de clases optativas de ucraíno nas escolas de Sebastopol, capital e cidade máis poboada da anexionada Crimea.
Fonte: RT
O Goberno vasco asinou un protocolo coa Fundación Europeana para posibilitar a tradución ao éuscaro da súa interface de consultas, que até o momento permitía a procura en 27 linguas das obras dixitalizadas de institucións culturais dos países da Unión Europea.
Fonte: La Vanguardia
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana denuncia que durante o Día de Asturias non se emitiron contidos nesta lingua na televisión pública e aproveita para reivindicar a creación dunha programación que non discrimine os contidos en asturiano.
Fonte: Asturies.com
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participaron na presentación do volume Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices, da autoría do profesor Ramón Lorenzo. O libro é froito de décadas de traballo do investigador e filólogo, así como da colaboración da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega (CCG), unidos para dar ao prelo este traballo esencial para o coñecemento do galego medieval.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVI edición dos Premios de Publicidade en Galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Mancomunidade de Concellos de Ordes oferta formación para preparar as probas Celga (niveis 2 e 4). Trátase de sesións de 20 horas de duración que comezarán a impartirse o 8 de outubro e que finalizarán o 7 de novembro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago de Compostela presenta a cuarta edición de “DivulgaTerra. Petiscos de divulgación científica”, un proxecto co que se pretende darlle visibilidade ao traballo desenvolvido no Campus Terra e impulsar o emprego do galego como ferramenta para a comunicación científica.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha nova biblioteca de libros escritos en gaélico irlandés abriu na zona leste de Belfast, en Irlanda do Norte, co fin de facer fronte á crecente demanda de público interesado en aprender esta lingua.
Fonte: BBC
Un estudo realizado polo sitio web de contratación Indeed revelou que o coñecemento dunha lingua estranxeira segue estando de moda nas ofertas de emprego que se publican no Reino Unido.
Fonte: The Economist
O Consello Insular de Menorca repartirá 40 000 euros en axudas para a promoción do uso do catalán nos ámbitos empresarial, asociativo, deportivo e editorial.
Fonte: Setmanari Soller
Subscríbase ao boletín