As Mancomunidades de Éuscaro de Bortziriak e de Malerreka colaboraron na produción dun documental con testemuños de alumnos dos seus euskaltegis que se presentará para a campaña de matriculación no novo curso.
Fonte: Noticias de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As Mancomunidades de Éuscaro de Bortziriak e de Malerreka colaboraron na produción dun documental con testemuños de alumnos dos seus euskaltegis que se presentará para a campaña de matriculación no novo curso.
Fonte: Noticias de Navarra
Un estudo da Universidade de Sheffield, no Reino Unido, revelou que a frecuencia na que farfallan os bebés pode determinar a riqueza verbal que desenvolvan posteriormente.
Fonte: Medical Express
O Instituto Navarro do Éuscaro é o impulsor de A que soa Navarra?, unha campaña que se celebra con motivo do Día Europeo das Linguas e a través da que se realizarán actividades que teñen como obxectivo a difusión da diversidade lingüística e o fomento da aprendizaxe de linguas en varias localidades da comunidade foral, ademais de nos medios de comunicación.
Un informe publicado polo Departamento de Educación da República de Irlanda revela que nos últimos 19 anos aumentou considerablemente a porcentaxe de alumnado que cursa o ensino primario en gaélico irlandés. No ano 2000, a porcentaxe era do 6,4 % e neste último ano esta ascendeu ao 8,1 %.
Fonte: The Irish Times
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución de cooperación coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP). No documento, que foi asinado ademais por países como España, Francia e Venezuela, recoñécese a relevancia da lingua portuguesa nas relacións internacionais.
Fonte: Nações Unidas
A Audiencia Lexislativa do estado brasileiro de Río Grande do Sur está considerando a inclusión doutras linguas maternas diferentes ao portugués nos currículos escolares. Unha das linguas con maior número de falantes é o alemán e hai localidades como Santa Cruz do Sul que defende a introdución do alemán no ensino.
Fonte: GAZ
Nós contra a violencia, a campaña posta en marcha este verán pola Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e da Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cos obxectivos de dinamizar a lingua galega e sensibilizar contra este tipo de violencia, leva a Ribeira este sábado, 14 de setembro, a nova proposta Mai Mai, da man de Baobab Teatro baixo xestión de Culturactiva.
A cantidade da axuda concedida polo Goberno vasco a esta mancomunidade ascende a 75 000 euros e ten como obxectivo a posta en marcha de iniciativas de reforzo do éuscaro nos arnasgune (municipios cunha elevada proporción de persoas euscaldunas) e nas zonas nas que é a lingua prioritaria.
Fonte: La Vanguardia
De xeito xeral, o profesorado desta materia é interino e o 85% ten un contrato a media xornada. Así mesmo, gran número de prazas quedan desertas, polo que a contratación non cobre a demanda real existente.
Fonte: Info Asturies
O Concello da Coruña organiza o Día do Apego, que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de setembro no Centro Ágora. Trátase dun conxunto de actividades, destinadas a familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos, que ten como obxectivo impulsar a transmisión do galego como lingua inicial.
Fonte: Concello da Coruña
Subscríbase ao boletín