Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de maio de 2019

    O X Certame de Cinema OUFF Escola, convocado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre a mocidade, a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    31 de maio de 2019

    A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) está a desenvolver un proxecto pedagóxico bilingüe en zonas fronteirizas de Portugal e España e entre o Brasil e outros estados de fala española como Uruguai, Arxentina e Paraguai, entre outros.

    Fonte: TSF

    30 de maio de 2019

    No marco da estratexia 'Etorkizuna eraikiz' (Construíndo futuro), este proxecto está configurado como un laboratorio de investigación e desenvolvemento do sector. O seu obxectivo principal será dinamizar a creación de contidos audiovisuais en éuscaro para asegurar o futuro e o recoñecemento do idioma.

    Fonte: Diario Vasco

    30 de maio de 2019

    En total, repartíronse 680 000 euros, o que supón un incremento do 134% con respecto ao ano pasado. Nesta ocasión, dividíronse entre 24 empresas, responsables de xornais, revistas, emisoras de radio ou medios en liña. 

    Fonte: Diario de Navarra

    30 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, que se exhibe no IES compostelán Rosalía de Castro impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de maio de 2019

    O arameo falado nalgunhas localidades de Siria, como a aldea de Malula, está ao bordo da desaparición. Trátase dunha lingua semítica de máis de 2000 anos que hoxe é coñecida na súa maior parte por falantes de máis de 60 anos.

    Fonte: Gulf News

    29 de maio de 2019

    O colectivo de docentes de occitano en Francia presentou unha iniciativa para reclamarlle ao goberno que defenda e promova o ensino en occitano. A iniciativa consiste en chamar masivamente o Ministerio de Educación e interesarse polo ensino nesta lingua.

    Fonte: Jornalet

    29 de maio de 2019

    Estas axudas, valoradas en 100 euros, van dirixidas a todas as persoas de entre 17 e 23 anos que opten por realizar o exame teórico de conducir en éuscaro. Trátase dunha medida que busca impulsar o idioma e que se enmarca dentro da iniciativa «Gidabaimena euskeraz», que conta coa colaboración de diversos concellos de Biscaia.

    Fonte: ABC

    29 de maio de 2019

    Dous docentes do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo, Nicanor Alonso e Miguel Mirás, acaban de publicar Mate-glifos, un volume que recolle a orixe e a evolución das matemáticas a través dos seus símbolos. Grazas a esta obra pioneira, o galego convértese na primeira lingua do mundo na que se aborda este tema como divulgación científica.

    29 de maio de 2019

    O obxectivo principal destas axudas é impulsar o uso e a mellora do éuscaro no municipio. Por iso, ofértanse subvencións para varios tipos de cursos, entre os que se poden atopar cursos de verán, cursos para aprender éuscaro no Euskaltegi ou, mesmo, para obter o título de monitor ou director de tempo libre.

    Fonte: El Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder