A Fundación Catarinense de Educación Especial (FCEE) do estado brasileiro de Santa Catarina publicou un vocabulario básico en lingua de signos para nenos e nenas que se pode descargar gratuitamente.
Fonte: Michel Teixeira
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Fundación Catarinense de Educación Especial (FCEE) do estado brasileiro de Santa Catarina publicou un vocabulario básico en lingua de signos para nenos e nenas que se pode descargar gratuitamente.
Fonte: Michel Teixeira
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do festival Titirideza 2019, que encherá as rúas de Lalín con teatro de títeres, monicreques e marionetas.
Artai é un neno da Coruña que decidiu empregar a súa canle de Youtube para explicar a súa experiencia como galegofalante.
Fonte: Galicia Confidencial
Como produto de mercadotecnia, a publicidade pode servir para sinalar a evolución social da lingua e de novos movementos culturais que en moitas ocasións se adiantan a cambios lexislativos.
Fonte: La Voz de Asturias
O premio Xela Arias, que convoca a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), ten como obxectivo recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que traballan pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego.
Fonte: Sermos Galiza
O Concello de Vitoria-Gasteiz puxo en marcha a campaña Ikasi eta erabili euskara. Merezi du! para anunciar as diferentes ofertas, axudas e actividades para aprender éuscaro. O prazo para inscribirse nos 85 grupos de aprendizaxe ofertados xa está aberto.
Fonte: Gasteiz Hoy
Segundo os resultados da Enquisa de usos lingüísticos da poboación de 2018, elaborada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, un 83 % da poboación entende aranés, un 73% saber ler nesta lingua e un 45% sábea escribir.
Fonte: Ara.cat
O filme O que arde do director galego Óliver Laxe estreouse nos cinemas franceses nun total de 54 salas e proxectarase en versión orixinal galega con subtítulos. O que arde obtivo o Premio do Xurado da Sección Oficial do Festival de Cannes e o Premio á Mellor Creación Sonora.
Fonte: Praza Pública
A comunidade educativa do centro Virxe do Rocío reclámalle ao Concello de Vigo un cambio na súa denominación, co obxectivo de recuperar o topónimo orixinal do barrio no que está situado, O Resío, modificado nalgún momento por El Rocío.
Fonte: Praza Pública
A Plataforma per la Llengua creou trece adhesivos en catalán en formato GIF que se poderán empregar libremente en diferentes redes sociais. O obxectivo da iniciativa é impulsar o uso desta lingua en todos os ámbitos.
Fonte: DBalears
Subscríbase ao boletín