Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de setembro de 2019

    Grazas á colaboración da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) e o Congreso Permanente da Lingua Occitana, a nova liña 1 entre as cidades vascofrancesas de Baiona e Biarritz inclúe na denominación das paradas toponimia en vasco e gascón ademais de en francés.

    Fonte: Bayonne

    06 de setembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado pola subdirectora xeral de Política Lingüística, Mª Lourdes Batán, recibiu no Pazo de San Roque as novas lectoras e lector que se incorporarán neste curso académico 2019-2020 á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de setembro de 2019

    O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, mantivo o seu primeiro encontro institucional coa alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey. O presidente agradeceu a sensibilidade mostrada pola rexedora e confiou en que a Academia e o Concello poidan compartir proxectos no futuro.

    06 de setembro de 2019

    A provincia canadense de Ontario propuxo ao goberno de Ottawa que cada un achegue un 50 % do investimento para que o proxecto de construción dunha universidade francófona se faga realidade.

    Fonte: Airdrie Today

    06 de setembro de 2019

    A cidade brasileira de Río de Xaneiro acolle o sexto Encontro de Poetas da Lingua Portuguesa co fin de difundir a obra de autores lusófonos antes de pasar por Guinea-Bissau e Portugal.

    Fonte: Isto é Dinheiro

    05 de setembro de 2019

    A Fundación Catarinense de Educación Especial (FCEE) do estado brasileiro de Santa Catarina publicou un vocabulario básico en lingua de signos para nenos e nenas que se pode descargar gratuitamente.

    Fonte: Michel Teixeira

    05 de setembro de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do festival Titirideza 2019, que encherá as rúas de Lalín con teatro de títeres, monicreques e marionetas.

    Fonte: Consellería de Cultura e Turismo

    05 de setembro de 2019

    Artai é un neno da Coruña que decidiu empregar a súa canle de Youtube para explicar a súa experiencia como galegofalante.

    Fonte: Galicia Confidencial

    04 de setembro de 2019

    Como produto de mercadotecnia, a publicidade pode servir para sinalar a evolución social da lingua e de novos movementos culturais que en moitas ocasións se adiantan a cambios lexislativos. 

    Fonte: La Voz de Asturias

    04 de setembro de 2019

    O premio Xela Arias, que convoca a  Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), ten como obxectivo recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que traballan pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego.

    Fonte: Sermos Galiza

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder