A Noite Folk de San Xurxo de Vea chega á súa novena edición na que actuarán catro agrupacións que teñen en común a concienciación sobre a lingua e a cultura galegas.
Fonte: Faro de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Noite Folk de San Xurxo de Vea chega á súa novena edición na que actuarán catro agrupacións que teñen en común a concienciación sobre a lingua e a cultura galegas.
Fonte: Faro de Vigo
No marco do Congreso de Linguas Indíxenas, un mozo, Hugo Ruiz, presentou Ndish, a primeira plataforma de entretemento totalmente en guaraní que ten como finalidade impulsar este idioma nas redes.
Fonte: La Nota
Baixo o lema “Non me cambies a lingua” procuran que quen que fala catalán habitualmente evite cambiar ao castelán cando conversa con persoas de fóra, xa que así os axudarán a aprendela.
Fonte: Nació digital
O Goberno do Canadá investirá máis de 1,5 millóns de dólares durante dous anos en linguas aborixes da cidade de Calgary e os seus arredores. Apoiará un total de 17 proxectos centrados en cinco idiomas: pied-noir, déné, nakoda, tsuut'ina e mitchif.
Fonte: Cision
Estes cursos, que se impartirán durante o mes de outubro, están dirixidos a persoas desempregadas empadroadas na cidade que poderán inscribirse dende o 2 de setembro.
Fonte: Donostia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a resolución definitiva das prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en diferentes universidades estranxeiras: cinco prazas nos lectorados do Algarve, Berlín, Río de Xaneiro, Roma e Zadar; e outras cinco nos de
O ministro de Traballo de Novo Brunswick propuxo como obxectivo para 2024 que o 33% das persoas inmigrantes sexan francófonas. Isto débese a que, segundo as estatísticas, nos próximos anos haberá nesta provincia 100 000 empregos que o Goberno pretende cubrir coa inmigración.
Fonte: Radio Canada
O evento terá lugar o 31 de agosto no auditorio municipal e nel participarán artistas de Menorca co obxectivo de reivindicar o uso da lingua catalá e promover a música feita na illa.
Fonte: Racó Català
O Concello de Viveiro convoca a segunda edición do Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que ten como obxectivos homenaxear os escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, ao mesmo tempo, apoiar e difundir a literatura feita en lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia
Esta campaña, que chegará tamén ao comercio e á hostalería local, convida as persoas que pasan polo centro da vila a empregar o éuscaro de maneira cotiá a través de sete ilustracións con mensaxes nesta lingua.
Fonte: Deia
Subscríbase ao boletín