O novo servizo de dinamización para o coñecemento e uso do catalán estará dotado para a súa posta en funcionamento de 85 000 euros, cos que se organizarán distintas iniciativas de normalización lingüística.
Fonte: Diario de Mallorca
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O novo servizo de dinamización para o coñecemento e uso do catalán estará dotado para a súa posta en funcionamento de 85 000 euros, cos que se organizarán distintas iniciativas de normalización lingüística.
Fonte: Diario de Mallorca
Na feira Gamescom presentouse o primeiro teaser cinemático do videoxogo The Waylanders, desenvolvido polo estudio coruñés Gato Salvaje, e un gameplay que permite comprobar o aspecto que presentará finalmente. O videoxogo chegará ás tendas en 2020 en inglés, castelán e galego, e mesmo non se descarta a incorporación doutras linguas.
Fonte: Praza Pública
Esta reivindicación realizouse durante o pregón do certame, no que se defendeu a lingua asturiana como parte inherente da cultura do Principado.
Fonte: La Nueva España
Un total de 25 nenos e nenas participou na carreira de obstáculos da xincana lingüística organizada en Ordes polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.
Fonte: El Correo Gallego
No marco do Plan de turismo de Donostia puxéronse xa en marcha dúas campañas co éuscaro como protagonista, o “Basque Challenge”, que conseguiu case 500 000 visualizacións, 4000 interaccións en redes sociais e 585 participantes, ou o “Easy Guide to Euskara”.
Fonte: Hosteltur
Desde o ano 1967 cada 25 de agosto Paraguai celebra o Día Nacional do Idioma Guaraní, lingua oficial deste país a partir de 1992. Desde entón estableceuse un alfabeto e unha gramática oficial e comezou a ensinarse no sistema educativo.
Fonte: ABC
A Universidade venezolana de Carabobo formará a distancia a profesores de portugués de Colombia, Chile, Perú e Arxentina, no marco dun acordo de colaboración co Instituto Camões.
Fonte: Sapo 24
O Goberno chinés quere que Macau conte cun centro de tradución e produción de programas de radio e televisión en portugués, nun momento en que China pretende aproveitar ao máximo a relación próxima entre a cidade e os países de lingua portuguesa.
Fonte: TVI 24
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra organiza un obradoiro de lingua de signos destinado a persoas maiores de idade que se desenvolverá ao longo do mes de outubro.
Fonte: La Voz de Galicia
O que arde, filme de Oliver Laxe rodado en galego, é un dos catro de produción española candidatos aos Premios de Cine Europeos, aos que optan 46 películas de ficción na súa 32ª edición.
Fonte: Cultura Galega
Subscríbase ao boletín