Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de maio de 2019

    O IES María Casares de Oleiros impulsou unha iniciativa que consiste en falar galego durante 48 horas. Participaron neste reto uns 200 alumnos e alumnas do centro, que asinaron previamente un “contrato de compromiso lingüístico”.

    Fonte: Sermos Galiza

    15 de maio de 2019

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou no acto de apertura da mostra Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019 no Museo do Pobo Galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de maio de 2019

    Un xuíz do estado de Florida (EUA) deulle a razón a unha cidadá hispana que solicitara que a documentación electoral estivese tamén en español. A partir das eleccións primarias de 2020, a documentación deberá estar dispoñible nesta lingua.

    Fonte: CNN

    14 de maio de 2019

    Segundo informou o Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro, o estudo do portugués no ensino básico e secundario dos EUA medrou significativamente nos últimos tres anos.

    Fonte: Diário de Notícias

    14 de maio de 2019

    O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón Teatro de Santiago.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de maio de 2019

    Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a plataforma Queremos Galego convoca este ano manifestacións en trece localidades co obxectivo de deslocalizar a gran manifestación que se facía todos os anos en Santiago e facilitar así que todo o mundo poida participar nas mobilizacións simultáneas en toda Galicia en defensa da lingua galega. 

    Fonte: Galicia Confidencial

    14 de maio de 2019

    Kontseilua, a coordinadora de asociacións en favor do éuscaro, presentou quince medidas en materia lingüística para a próxima lexislatura en Navarra. Estas medidas diríxense a conseguir a oficialidade do éuscaro en toda Navarra: Administración Pública, sistema educativo, medios de comunicación etc.

    Fonte: Noticias de Navarra

    14 de maio de 2019

    O Consell de Mallorca publicou a convocatoria de axudas para prensa escrita ou dixital en lingua catalá do 2019, cunha dotación total de 38 000 euros. O obxecto da convocatoria é a adquisición de equipamentos e materiais necesarios para desenvolver traballos periodísticos.

    Fonte: La Vanguardia

    14 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no compostelán IES Plurilingüe Rosalía de Castro ao acto de homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, con motivo das Letras Galegas 2019.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de maio de 2019

    A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski homenaxean a Antonio Fraguas Fraguas na semana grande das Letras Galegas e volven poñer en marcha, por noveno ano consecutivo, a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán aos fogares galegos nos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder