Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de maio de 2019

    A vila bretoa de Plougastel-Daoulas ofrece unha recompensa de 2000 euros á persoa que consiga descifrar o significado dunha estraña inscrición escrita nunha lingua descoñecida que apareceu nunha rocha bañada polo mar.

    Fonte: GEO

    10 de maio de 2019

    O escritor luso António Pedro Serrano de Sousa Correia venceu a cuarta edición do premio literario de novos talentos da Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA) pola súa obra Praças.

    Fonte: Observador

    10 de maio de 2019

    O Concello de Santiago pon en marcha a cuarta edición do #Fotolingua, un concurso que ten como obxectivo darlles visibilidade aos establecementos comerciais da cidade comprometidos co emprego da lingua galega. 

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    10 de maio de 2019

    En 2018 presentáronse 333 teses na Universidade do País Vasco, 33 das cales estaban en éuscaro. Delas, 17 obtiveron a cualificación internacional, o dobre que en 2017. Para promover a investigación nesta lingua, entréganse os Premios Koldo Mitxelena de Teses en Éuscaro, que este ano chegan á súa cuarta edición.

    Fonte: El Correo

    10 de maio de 2019

    O novo curso, denominado Ep! Escolta i Parla, foi creado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto co Consorcio para a Normalización Lingüística, e está dirixido a persoas que non poden utilizar a lingua escrita como base da súa aprendizaxe. A finalidade é dar resposta ao incremento de persoas non alfabetizadas ou con dificultades de aprendizaxe que queren aprender catalán.

    10 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos premios do 28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, que convoca o Concello de Arteixo co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de maio de 2019

    Con motivo do encontro anual das Escolas Portuguesas no Estranxeiro (EPE) celebrado en Praia, Cabo Verde, o ministro de Educación de Portugal, Tiago Brandão Rodrigues, defendeu a importancia global da lingua portuguesa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    10 de maio de 2019

    A plataforma Hand Talk, que permite traducir portugués á lingua de signos brasileira, recibiu un importante premio de Google, o Desafío Google de Impacto en Intelixencia Artificial (IA).

    Fonte: Mundo Bit

    09 de maio de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do documental Revisitando a Antonio Fraguas, un proxecto audiovisual dirixido por Gonzalo Veloso que apoia a Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de maio de 2019

    O Goberno de Ontario (Canadá) destinará case 20 millóns de dólares a iniciativas e proxectos que teñan como obxectivo o desenvolvemento dun ensino francófono de calidade.

    Fonte: Ontario News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder