Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de agosto de 2019

    A Deputación da Coruña apoiará a distribución na provincia de setes filmes en lingua galega cunha nova liña de axudas. Os títulos que se beneficiarán desta convocatoria son O que arde, de Oliver Laxe; Hamada, de Eloy Domínguez; Arima, de Jaione Camborda; Longa noite, de Eloy Enciso, 7 Limbos, de Berio Molina e Alexandre Cancelo; A portuguesa, de Rita Azevedo; e Tempo Vertical, de Lois Patiño.

    09 de agosto de 2019

    Estas axudas, que xestiona o servizo de política lingüística do Concello de Elgoibar, cubrirán o 50 % do custo que supón ter en éuscaro os rótulos identificativos dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.

    Fonte: Diario Vasco

    09 de agosto de 2019

    A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) declarou nun informe que Bolivia presenta unha taxa de analfabetismo inferior ao 4 % polo que pasa a estar considerado como país alfabetizado grazas a un método que seguiron anteriormente países como Cuba e Venezuela.

    Fonte: Buen Diario

    09 de agosto de 2019

    Un grupo de artistas falantes de linguas minorizadas de diferentes territorios franceses con idioma propio mobilizouse para obter unha emisión musical en diferentes linguas rexionais na televisión francesa.

    Fonte: Le Peuple Breton

    08 de agosto de 2019

    Por este motivo, solicita que se convoque o Consello Social das Linguas, do que forma parte, para establecer iniciativas que defendan os dereitos lingüísticos de todas as persoas.

    Fonte: La Vanguardia

    08 de agosto de 2019

    Outorgaráselles aos produtos que inclúan o catalán na súa etiquetaxe, co obxectivo de darlles visibilidade e protección, xa que desenvolven tarefas de responsabilidade social empresarial (RSE).

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    07 de agosto de 2019

    A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith compara a importancia que ten a presenza do galés nas redes coa tradución da Biblia a esta lingua e anuncia que lanzará unha campaña para fomentar o uso do galés no mundo dixital para garantir o acceso das novas xeracións ás novas tecnoloxías na lingua vernácula.

    Fonte: BBC

    07 de agosto de 2019

    A Comisión dos Dereitos Humanos da Orde dos Avogados de Mozambique lembrou a importancia de difundir as leis nas linguas locais do país africano xa que actualmente un 60 % da cidadanía non ten acceso a elas porque non fala portugués.

    Fonte: Deutsche Welle

    07 de agosto de 2019

    Esta contribución empregarase para continuar traballando conxuntamente na promoción do éuscaro, con iniciativas de interese que poñan en valor o patrimonio cultural da comunidade.

    Fonte: Bizkaia Gaur

    07 de agosto de 2019

    Os carteis lucirán o lema "Gandía en Valenciano e algunhas frases típicas e situaranse nas zonas de maior afluencia turística co obxectivo de visibilizar a lingua entre as persoas visitantes.

    Fonte: COPE

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder