O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, asinaron un convenio de colaboración destinado á promoción do galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, asinaron un convenio de colaboración destinado á promoción do galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Francia aprobaba hai décadas a lei Toubon con que se obrigaba as empresas a empregar a lingua francesa nos anuncios publicitarios. Nun intento por protexer o francés do uso crecente de anglicismos, o ministro de Cultura de Francia, Franck Riester, anunciou agora medidas para garantir que se cumpra a lei tamén nas plataformas dixitais.
Fonte: The Guardian
Ábrese o prazo de inscricións para os exames que dan acceso ao certificado de proficiencia en portugués como lingua estranxeira, o único recoñecido oficialmente polo Goberno do Brasil.
Fonte: Acorda Cidade
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un ano máis o Curso de improvisación oral en verso e o Curso de narración oral, que se desenvolverán entre os meses de outubro de 2019 e maio de 2020.
Fonte: Concello de Vigo
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publicou a relación de proxectos de dinamización lingüística gañadores da primeira edición dos Premios Mil Primaveras, uns galardóns que teñen como obxectivo recoñecer iniciativas de fomento do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O festival Viñetas desde o Atlántico foi o escenario da presentación da obra O tempo cronolóxico, libro ilustrado por Xulia Vicente co que A Mesa pola Normalización Lingüística quere dar a coñecer entre a cativada o nome en galego das principais unidades de medida temporal.
Dirixido a autores e autoras noveis, este concurso conta con tres modalidades: poesía, narración e bertso-paperak, que repartirán ata tres premios cada unha.
Fonte: Diario de Navarra
A comunidade portuguesa residente en Alemaña pedirá ao presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, que o goberno portugués reforce o ensino da lingua portuguesa para que as novas xeracións manteñan o vínculo con Portugal.
Fonte: País ao Minuto
O municipio brasileiro de São Félix do Araguaia, no estado de Mato Grosso, acollerase á lei 3074/19 para aprobar a cooficialización das linguas indíxenas faladas polas etnias que habitan este territorio.
Fonte: Câmara dos Deputados
A Xunta e a Federación de Persoas Xordas de Galicia asinaron un convenio de colaboración grazas ao cal as mulleres vítimas de violencia de xénero contarán cun servizo de intérpretes en lingua de signos dende o momento de presentación da denuncia.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín