Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de xullo de 2019

    A Xunta impulsa un programa de actividades de dinamización da lingua galega e de sensibilización contra a violencia de xénero baixo o lema “Nós contra a violencia”. No marco deste proxecto, os concellos incluídos na Rede de Dinamización Lingüística acollerán actividades como concertos, pezas teatrais, obradoiros, contacontos e material para campamentos de verán centrados no fomento do uso do galego e na promoción da igualdade.

    30 de xullo de 2019

    Un grupo de mozos crea a aplicación móbil gratuíta Sardoo co obxectivo de espallar o coñecemento do sardo e aprender a lingua dun xeito lúdico e orixinal.

    Fonte: Vistanet

    30 de xullo de 2019

    O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas de Portugal, José Luís Carneiro, declarou que o coñecemento da lingua portuguesa está en alza en todas as rexións do mundo e o prognóstico é que no final do século sexa falada por 500 millóns de persoas.

    Fonte: Observador

    30 de xullo de 2019

    O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) e a Fundación puntCAT asinaron un convenio de colaboración para impulsar o uso do catalán en contornos dixitais nos ámbitos empresarial e do comercio local.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    30 de xullo de 2019

    Aragonario, o dicionario en liña para a tradución de castelán a aragonés, acaba de duplicar o número de entradas, que xa están próximas ás 18 000. Ademais, daralles cabida ás variedades dialectais, comezando polo benasqués, para, paulatinamente, ir incorporando outras.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    30 de xullo de 2019

    A Fundación Xosé Neira Vilas de Gres convoca o seu certame que premia novelas inéditas escritas en galego destinadas ao público xuvenil. Este galardón ten entre os seus obxectivos estimular a creación literaria e fomentar a lectura nesta lingua entre a xente nova.

    Fonte: La Voz de Galicia

    30 de xullo de 2019

    Segundo os datos da clasificación realizada pola Fundación CYD 2019, o inglés é unha materia pendente nas universidades galegas, pois, en xeral, a oferta de graos en lingua estranxeira en Galicia é escasa.

    Fonte: La Voz de Galicia

    30 de xullo de 2019

    Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku, tradutor de galego ao xaponés e embaixador maior da nosa lingua propia no Xapón, presentou no compostelán Pazo de San Roque a nova edición bilingüe de A rosa de cen follas, de Ramón Cabanilllas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de xullo de 2019

    O Ministerio de Educación de Mozambique presentou unha estratexia de educación inclusiva para que máis de cinco millóns de alumnos e alumnas do sistema educativo público estuden o portugués e a lingua nativa máis falada na súa rexión correspondente.

    Fonte: Impala

    29 de xullo de 2019

    O Alto Tribunal da República de Irlanda declarou que o estado debe asignar un xuíz ou xuíza bilingüe inglés-gaélico irlandés para garantir os dereitos lingüísticos do acusado que pediu poder expresarse nesta segunda lingua. 

    Fonte: The Irish Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder