A Festa da Palabra do Carballiño acollerá a entrega dos premios Ínsua dos Poetas nas seguintes sete categorías: creación literaria, artes plásticas, acción social, lingua e cultura galegas, iniciativa empresarial, imaxe e audiovisual e medios de comunicación. Fonte: Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Mesa pola Normalización Lingüística publicou un libro que recolle a conferencia Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua que o homenaxeado das Letras Galegas de 2020, Ricardo Carvalho Calero, pronunciou no acto fundacional da formación.
"O galego campa!", o programa da Secretaría Xeral de Políltica Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán entre a mocidade, chega a 22 campamentos de verán de titularidade da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Fontes do Ministerio de Educación do Brasil anunciaron a finalización do proxecto educativo "Idiomas sen Fronteiras" que permitiu que alumnado e profesorado universitario aprendese unha lingua estranxeira.
Fonte: JP
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que a lingua portuguesa integrará no próximo ano lectivo o currículo escolar dun total de 32 países no mundo.
Fonte: País ao Minuto
Esta expedición de mozos e mozas de entre 16 e 17 anos percorreu un total de 783 quilómetros no País Vasco e Navarra co fin de promover a cultura e lingua vascas.
Fonte: EuskarAbentura
A cidade de Zaragoza acolle a exposición "Aragonés Ilustrado" coa que a ilustradora Delia Tello busca homenaxear a lingua aragonesa e os idiomas en xeral como forma de comunicación e sinal de identidade.
Fonte: AraInfo
Os estudos de animación Walt Disney comunicaron que xa están traballando na produción da versión en lingua saami de Frozen 2, a segunda entrega da coñecida longametraxe que incorporará elementos da cultura de Laponia.
Fonte: YLE
O Festival Literario de Macau "Rota das Letras" lanzou a octava edición do seu concurso de contos en tres linguas (portugués, chinés e inglés). Os relatos gañadores serán traducidos ás restantes linguas e publicados na próxima edición do certame.
Dada a crecente demanda, a República Checa necesita cada vez máis lingüistas que poidan traducir linguas exóticas ou menos habituais como o islandés ou o noruegués.
Fonte: Radio Praha
Boletín
Subscríbase ao boletín
