Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de xullo de 2019

    A Xunta de Galicia apoiará a edición de libros en galego coa subvención de 200 000 euros para a tradución de 62 obras ao galego e 22 títulos do galego a outras linguas como o castelán, inglés, italiano e francés.

    Fonte: Faro de Vigo

    18 de xullo de 2019

    A autora Marta Dávila gañou o XXXI Premio de Novela Manuel García Barros pola súa obra Carrusel.

    Fonte: Cultura Galega

    18 de xullo de 2019

    A secretaria de Estado francesa de Asuntos Europeos confirmou que o Goberno de Francia podería revisar a medida que suprimiría a posibilidade de realizar o exame de lingua portuguesa do último ano do ensino secundario.

    Fonte: RTP

    18 de xullo de 2019

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, asinaron dous convenios de colaboración por un importe total de 65 000 euros destinados ao acondicionamento dos pavimentos dos xardíns exteriores aos edificios da Fundación e a Casa-Museo e para difundir, estudar e preservar a obra da escritora galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de xullo de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na entrega da XVII edición do Premio de Poesía Afundación ao escritor Miguel Sande por Os filósofos xa non brindan con cicuta.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de xullo de 2019

    Segundo o informe de Comercio Interior do Libro 2018 da Federación de Gremios de Editores de España, o sector editorial español rexistrou un incremento da súa facturación por quinto ano consecutivo grazas á fortaleza do libro en papel. O mesmo informe revelou que no caso do libro dixital hai un estancamento das vendas.

    Fonte: Cultura Galega

    17 de xullo de 2019

    Un total de 83 centros de infantil e primaria de Galicia participou cunha ampla variedade de actividades sobre Antón Fraguas no certame "Contádenos o voso Día das Letras" organizado pola Real Academia Galega.

    17 de xullo de 2019

    A Plataforma pola Oficialidade do Galego-Asturiano e a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana criticaron que o acordo de investidura entre a Fundación Socialista Asturiana (FSA) e Esquerda Unida (EU) nomee o galego-asturiano como "eo-naviego".

    Fonte: 20 minutos

    17 de xullo de 2019

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana criticou que os grupos políticos FSA (Federación Socialista Asturiana) e Esquerda Unida, que asinaron o acordo para gobernar a rexión, non se comprometan claramente coa oficialidade do asturiano.

    Fonte: El Comercio

    17 de xullo de 2019

    O psicólogo estadounidense Harlan Lane, estudoso das linguas de signos e defensor da comunidade de persoas xordas, morreu aos 82 anos de idade. Lane consideraba as persoas xordas como unha comunidade cultural e non como un grupo de persoas con discapacidade.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder