Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xullo de 2019

    O Instituto Camões presentou en Luanda, capital de Angola, o proxecto PROCULTURA co que pretende promocionar a produción cultural no país africano.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    12 de xullo de 2019

    A localidade guipuscoana de Oñati publicou un dicionario para promocionar o coñecemento de palabras básicas en éuscaro e outras linguas como o galego entre os turistas que se acheguen á zona.

    Fonte: El Diario Vasco

    11 de xullo de 2019

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística concede subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 15 de marzo de 2019.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de xullo de 2019

    A cantante e musicóloga polonesa Paulina Ceremużyńska achegou nun relatorio o tesouro da lírica medieval galego-portuguesa ao alumnado dos cursos de lingua e cultura galegas na USC "Galego sen fronteiras".

    Fonte: RAG

    11 de xullo de 2019

    O "Falaredes", o programa de dinamización que impulsa a Xunta de Galicia, chegará a tres localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL): Tui, Mondariz-Balneario e Triacastela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de xullo de 2019

    No marco do programa "O teu Xacobeo", cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Colectivo de Poetas de Bruxelas, baixo a coordinación de Xavier Queipo, e as galegas Chus Pato e Yolanda Castaño, ofrecerán recitais multilingües en Santiago, Ponteceso e Padrón.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

     

    10 de xullo de 2019

    O colectivo cultural Buril que naceu en 1983 para fomentar a lingua e cultura galegas en Burela pechou despois de 36 anos de actividade. O seu fondo documental será agora custodiado polo Concello de Burela.

    Fonte: Xornal da Mariña

    10 de xullo de 2019

    Un estudo realizado pola oficina estatística do Canadá revelou unha caída de case dez puntos no número de falantes nativos de inuktitut no territorio canadense de Nunavut en tan só 15 anos.

    Fonte: France 24

    10 de xullo de 2019

    Unha espectacular acción que consiste no despregamento de faixas xigantes cunha mensaxe reivindicativa nunha montaña en Sant Antonin, no departamento francés de Tarn-et-Garonne, demanda que se restableza o ensino en occitano na escola Pèire Vairon. As medidas aprobadas recentemente polo Goberno de Francia deixaron sen ensino en occitano a cen alumnos e alumnas desta escola.

    Fonte: Jornalet

    10 de xullo de 2019

    Nace en Asturias a asociación Sabiencia que se centrará na difusión da ciencia e o desenvolvemento da cultura científica por medio do asturiano. O acto de inauguración abriuse coa presentación dun nomenclátor de seres vivos en lingua asturiana.

    Fonte: La Nueva España

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder