Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xullo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da Rosa de Galicia á familia de José Villar Granjel e á Coral Padronesa, no marco do Festival Abride a Fiestra 2019 que se desenvolveu na Casa de Rosalía.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de xullo de 2019

    A directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, Rosario Álvarez, participou na xornada sobre as gramáticas no século XXI organizada por Euskaltzaindia na cidade de Donosita. 

    Fonte: RAG

    15 de xullo de 2019

    A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña organizan a terceira edición dos obradorios "Doblem en català?" ("Dobramos en catalán?) que promoven a dobraxe en catalán por medio da tradución de secuencias de clásicos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    15 de xullo de 2019

    A nova actualización anunciada pola ferramenta de tradución de Google, Google Translate, permite agora traducir por medio da súa cámara instantánea textos nun total de 100 linguas.

    15 de xullo de 2019

    A Autoridade Unitaria de Carmarthenshire, no País de Gales, declarou que a partir de agora as empresas construtoras deberán avaliar o impacto que os seus proxectos terán no uso social da lingua galesa co fin de paliar a baixada de falantes dos últimos anos.

    Fonte: Wales Online

    15 de xullo de 2019

    Tras a publicación da súa primeira canción en catalán, Milionària, a cantante Rosalía recibiu críticas polo uso de castelanismos como "cumpleanys" ou "botelles", en vez das formas correctas "aniversari" e "ampolles". Segundo os puristas, o uso destes termos deturpados debilitan a lingua vernácula.

    Fonte: The Guardian

    14 de xullo de 2019

    O Concello guipuscoano de Eibar publicou un conxunto de subvencións para promover o uso do éuscaro en rótulos de locais comerciais, industriais ou asociacións. A idea é facer máis común o uso da lingua vernácula na paisaxe lingüística da localidade.

    Fonte: El Diario Vasco

    12 de xullo de 2019

    Un informe realizado pola Comisión da Lingua Irlandesa revela que só 551 funcionarios e funcionarias do Goberno da República de Irlanda, dun total de 20 060, teñen competencias en gaélico irlandés.

    Fonte: Newstalk

    12 de xullo de 2019

    O embaixador de España en Nixeria, Marcelino Ansorena, anunciou que o Goberno español promocionará o estudo do español por medio da tradución de obras da literatura española cara ao yoruba e hausa, dúas das principais linguas nixerianas. 

    Fonte: Galicia Confidencial

    12 de xullo de 2019

    O grupo de investigación Valle-Inclán da USC acadou o premio Humanidades Dixitais Hispánicas á mellor ferramenta, recurso e infraestrutura 2018 polo Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936).

    Fonte: Xornal da USC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder