Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xullo de 2019

    A Enquisa de Usos Lingüísticos do ano 2018 que acaba de presentar a Generalitat de Cataluña ofrece datos bastante positivos para a lingua aranesa: aumenta o coñecemento do aránes por parte dos habitantes do Val de Arán e o seu uso medra tamén 4 puntos porcentuais.

    Fonte: Jornalet

    09 de xullo de 2019

    O Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña (CPNL, polas súas siglas en catalán) consolida a súa oferta de formación de catalán con cursos intensivos de verán. Máis de 200 cursos acollen durante os meses de verán arredor de 4300 participantes.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    09 de xullo de 2019

    A Fundación Rosalía de Castro abrirá as portas da Casa da Matanza para celebrar a segunda edición do festival Abride a fiestra que renderá homenaxe á autora e celebrará a súa obra no aniversario do seu pasamento, o 15 de xullo.

    Fonte: Praza Pública

    09 de xullo de 2019

    O produtor audiovisual Antón Reixa abordou o impacto de case catro décadas de televisión e de cinema en galego no relatorio que impartiu nos cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega.

    09 de xullo de 2019

    Diferentes expertos de educación e tecnoloxía danse cita no curso Excelecia de estudos vascos, organizado polo Instituto Vasco Extepare, para analizar o impacto dixital tanto no ensino do idioma vasco como na súa cultura.

    Fonte: EITB

    09 de xullo de 2019

    A Enquisa de usos lingüísticos elaborada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña revelou datos moi positivos para a lingua catalá. Segundo os novos datos, un 81,2 % da poboación sabe falar catalán, un 85,5% sábeo ler e un 65,3% sábeo escribir (fronte ao 31,5 % que sabía facelo en 1981). Alén diso, un dato moi positivo referido ao uso mostra que o 70,6 % das conversas se comezan na lingua propia de Cataluña, case 3 puntos máis ca en 2013.

    09 de xullo de 2019

    Ante a escaseza de profesorado de gaélico, Escocia está recorrendo á provincia canadense de Nova Escocia para suplir esta falta. A rexión canadense aínda conserva unha importante comunidade de falantes desta lingua celta.

    Fonte: CBC

     

    08 de xullo de 2019

    En palabras do ministro británico David Lidington, o Goberno do Reino Unido reafirma o seu apoio ao País de Gales para alcanzar o seu obxectivo do millón de falantes de galés antes de 2050. Entre outras medidas, o goberno galés apostará por expandir o ensino de inmersión na lingua vernácula.

    Fonte: BBC

    08 de xullo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da XIV Forxa Literaria. Encontros Culturais no Rural. Homenaxe a Xosé Vázquez Pintor, organizada pola Fundación Casa-Museo A Solaina de Piloño coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de xullo de 2019

    O Falaredes, o programa de dinamización que impulsa a Xunta de Galicia, chega a catro localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL): Cerceda, A Laracha, Muros e Boqueixón.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder