A Unión Africana (UA) apoia a campaña iniciada desde diferentes estamentos como a Academia Africana de Linguas para converter o suahili nunha lingua franca de todo o continente africano.
Fonte: Business Daily
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Unión Africana (UA) apoia a campaña iniciada desde diferentes estamentos como a Academia Africana de Linguas para converter o suahili nunha lingua franca de todo o continente africano.
Fonte: Business Daily
A lingua chinesa está adquirindo cada vez máis peso nas escolas privadas do Nepal, especialmente nos centros situados na capital, Katmandú, e en zonas limítrofes.
Fonte: Khabarbhub
O Goberno Vasco achegará a cantidade de 400 000 euros ao fomento do éuscaro no País Vasco francés. Esta cifra sumarase ao millón e medio de euros que achegará tamén a Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde. Este fondo común será empregado para impulsar a ensinanza do idioma, o labor dos euskaltegis, os medios de comunicación en éuscaro ou proxectos de lecer vinculados a esta lingua.
Fonte: Diario Vasco
A institución que promove o ensino do inglés no estranxeiro, o British Council, alertou do cambio de actitude da poboación británica ante o Brexit. Segundo se desprende dun informe, cada vez máis pais e nais, sobre todo aqueles que proveñen de ambientes desfavorecidos, pensan que o estudo das linguas estranxeiras é pouco importante pola inminente ruptura do Reino Unido coa Unión Europea.
Fonte: BBC
O Concello de Palma de Mallorca ofrecerá cursos de catalán a policías nacionais e gardas civís que sexan destinados á cidade. Deste xeito, buscan garantir a seguridade lingüística, así como cumprir o exposto na Lei orgánica 11/2007 que regula os dereitos e deberes da Garda Civil.
Fonte: Última Hora
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Parlamento de Galicia o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, un texto que recolle preto de 40 medidas para promover o uso do galego entre os máis novos desde todos os ámbitos da sociedade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Lévase completando dende 2009 e conta con 2600 entradas polo momento e máis de 200 familias de palabras. Neste dicionario detállase a orixe das palabras e, nun futuro, está previsto que estea dispoñible tamén en formato dixital.
Fonte: El País
O concurso divídese en tres categorías: poesía, narración e bertso-paperak (bertsolarismo), e está dirixido a autores e autoras noveis. En total, este certame repartirá 13 000 euros en premios.
Fonte: Noticias de Navarra
Despois de tres décadas de emisión, a canle pública finlandesa YLE pon fin aos seus boletíns semanais de noticias en lingua latina.
Fonte: RTÉ
A localidade portuguesa de Sertã, no centro do país, acolle un maratón de lectura en lingua portuguesa. A presente edición porá a atención na literatura africana en portugués.
Fonte: DESCLA
Subscríbase ao boletín