Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xullo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Casino de Santiago, Ubaldo Rueda, anunciaron en rolda de prensa celebrada na sede do Casino o nome da obra gañadora da XIV edición do Premio Novela Europea.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de xullo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do XXXV número da revista Ágora do Orcellón, que edita o Instituto de Estudios Carballineses (IEC) coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de xullo de 2019

    O encargado da xestión directa de @occitan_aranes será o Departamento de Cultura da Generalitat, co obxectivo de reforzar o uso institucional desta lingua. Concretamente, difundiranse contidos de interese para a comunidade do Vall D’Aran, así como efemérides, recursos lingüísticos e premios. Ademais, durante este ano o perfil atenderá especialmente ás novas sobre o finado lingüista e historiador Robèrt Lafont, polo décimo aniversario da súa morte.

    02 de xullo de 2019

    Durante a celebración do 40 aniversario da Federación de Persoas Xordas de Cataluña, o Goberno catalán recoñeceu o seu labor no impulso do recoñecemento da lingua de signos catalá. Tamén agradeceu a súa implicación en proxectos de normalización, como o de definición dos diferentes niveis en lingua de signos de Cataluña segundo o marco europeo de referencia.

    01 de xullo de 2019

    Un estudo elaborado pola Universidade de Helsinqui revelou que o uso da música pode ter efectos beneficiosos no desenvolvemento da produción oral das persoas con discapacidade auditiva.

    Fonte: The Sector

    01 de xullo de 2019

    Con case 6 millóns de falantes, o makhuwa continúa sendo a lingua máis falada de Mozambique. O portugués, a lingua oficial do país africano, conta con 3,6 millóns de falantes.

    Fonte: Verdade

     

    01 de xullo de 2019

    Este novo posgrao, do que tamén existe un curso de especialización, está pensado para persoas licenciadas en disciplinas da rama lingüística con coñecementos superiores en lingua catalá. Habilita as persoas que o cursan no exercicio da corrección editorial e o asesoramento lingüístico a calquera empresa. 

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    01 de xullo de 2019

    A Consellería de Cultura, Participación e Deportes balear abre unha nova convocatoria de subvencións dirixidas a empresas e entidades sen ánimo de lucro que teñen como actividade a edición de publicacións de carácter periodístico. A finalidade destas axudas, 275 000 euros en total, é apoiar proxectos de prensa diaria escrita, total ou parcialmente, en catalán.

    Fonte: 20 minutos

    01 de xullo de 2019

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e Gonzalo Vázquez, director da Área Institucional e de Cultura da Fundación Repsol, asinaron un acordo de colaboración en materia de normalización lingüística que inclúe a organización conxunta da 13ª edición do Premio de Narrativa Breve Repsol 2019 para escritores en lingua galega.

    01 de xullo de 2019

    Os Bolechas non podían faltar á súa cita anual co FalaRedes. Sonia, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Braulio, acompañados polo seu fiel can Chispa, pararán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) para falarlles aos máis pequenos da casa dos membros da familia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder