Este traballo, realizado entre varias universidades madrileñas e o Consello Superior de Investigacións Científicas, presenta os resultados máis relevantes do exame realizado aos fondos documentais de entre os séculos XIII e XIX, recollidos en diferentes arquivos históricos madrileños. Trátase do primeiro atlas da lingua que recolle a historia da fala dunha rexión de xeito dinámico, a través de mapas lingüísticos, e permite reconstruír algúns aspectos históricos da vida cotiá na comunidade.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Canadá acaba de publicar un modelo que medirá o grao de adecuación das prácticas públicas á lexislación en materia de linguas oficiais. Esta ferramenta pretende garantir a mellora da oferta de servizos públicos nas dúas linguas oficiais.
Fonte: Slator
O director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), Incanha Intumbo, declarou que a metodoloxía empregada no ensino da lingua portuguesa nalgúns países africanos da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) non é a máis adecuada porque se ensina como lingua materna cando non o é.
Fonte: Diário de Notícias
A Xunta de Galicia deu a coñecer, a través do Portal educativo e do Portal da lingua galega, a resolución da VIII edición dos Premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!, convocados conxuntamente coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en colaboración con OQOeditora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Esta axuda está dirixida a todas as persoas empadroadas no municipio que realizasen cursos de aprendizaxe e alfabetización para persoas adultas e asistisen polo menos ao 80% das clases. Deste xeito, as bolsas estarán dispoñibles tanto para quen realizase cursos ordinarios coma intensivos, internados ou de autoaprendizaxe.
Fonte: Diario Vasco
Este decreto regulará, a partir da súa aprobación, o uso e promoción da lingua asturiana e disporá as certificacións que acrediten o coñecemento desta lingua así como as probas de nivel correspondentes dentro do marco europeo. O acceso aos exames estandarizados producirase a partir do vindeiro curso.
Fonte: Asturnews
O Goberno do Xapón aprobou unha lei que garante o ensino do xaponés a persoas estranxeiras por parte das institucións públicas. Actualmente viven no Xapón case 3 millóns de persoas procedentes doutros países.
Fonte: Portal Mie
Co fin de que o alumnado adquira competencia e confianza na lingua irlandesa e poida usala fóra da escola, o Ministerio de Educación da República de Irlanda aprobou un proxecto de tres anos que garante a instrución en gaélico irlandés na materia de Educación Física.
Fonte: Irish Mirror
O informe anual de Plataforma per la Llengua conclúe que os ámbitos nos que se constata unha peor situación para a lingua catalá son o cine e a xustiza. Nesta última, só 2 de cada 10 falantes se expresan neste idioma con seguridade ante un xuíz. Tamén na escola, onde só o 14,6% das conversas entre o alumnado de secundaria son en catalá.
Fonte: La Vanguardia
O X Premio Rosalía de Castro de Lingua, que promove a Deputación da Coruña co obxectivo de recoñecer o labor de dignificación do galego, recaeu este ano no xornal Gciencia e no proxecto 21 Días co Galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín


