Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de xuño de 2019

    Segundo o presidente do Instituto Camões, en Galicia máis de 8000 persoas cursan estudos de portugués. En secundaria son algo máis de 2600 os estudantes desta lingua, aos que se sumarían os aproximadamente 3500 das escolas oficiais de idiomas e os 2500 das universidades.

    Fonte: Faro de Vigo

    21 de xuño de 2019

    Trátase do primeiro dicionario en liña que recolle o léxico da lingua de signos catalá. É un proxecto divulgativo en continuo desenvolvemento e, neste caso, combina a pescuda léxica e o material audiovisual. Os novos termos, tomados da Dirección Xeral de Política Lingüística catalá, están sendo traballados dende 2015. 

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de xuño de 2019

    Do 2 ao 24 de xullo celebrarase en Santiago a XXXII edición dos Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras" na que participarán arredor de 70 estudantes procedentes de máis de vinte países de catro continentes.

    21 de xuño de 2019

    A Real Academia Galega e o Instituto Camões mantiveron unha xuntanza na que acordaron estudar posibles vías de colaboración e organizar actividades conxuntas como un encontro centrado nas literaturas galega e de expresión en lingua portuguesa.

    21 de xuño de 2019

    A cidade caboverdiana de Praia acolle a novena edición do Encontro de Escritores de Lingua Portuguesa. O evento, que este ano ten como tema a literatura infantil e xuvenil, homenaxeará o escritor Germano de Sousa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    21 de xuño de 2019

    Asociacións de labregos e labregas do País de Gales buscan desenvolver iniciativas para incrementar o número de falantes de galés no rural. As profesións do agro son as que contan cunha porcentaxe máis alta de falantes nativos de galés.

    Fonte: Farming UK

    20 de xuño de 2019

    Valentín García Gómez participou na entrega de premios da VI edición do concurso Inventa en galego que se celebrou no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña. O certame, convocado por Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) co apoio da Xunta de Galicia, premia as mellores apps en galego elaboradas por alumnado de centros educativos titorizado por un docente.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de xuño de 2019

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsará a campaña “O galego crea ambiente”, que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega nos festivais do verán apoiados desde a Xunta de Galicia, no marco das accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de xuño de 2019

    A Consellería de Cultura e Turismo publica a convocatoria de nove bolsas de formación para traballar en varios proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de xuño de 2019

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a resolución da convocatoria para a realización dos proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros públicos de ensino durante o curso académico 2018/2019.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder