Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xuño de 2019

    A mocidade de entre 14 e 17 anos é a destinataria do programa #SenCancelas, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo crear espazos de socialización en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de xuño de 2019

    A Mesa pola Normalización Lingüística entregaralles a Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) aos máis de 3700 concelleiros e concelleiras que entran a formar parte das novas corporacións municipais. O obxectivo desta iniciativa é promover a normalización lingüística na Administración local a través dunha serie de medidas que poidan impulsarse desde as diferentes áreas dun goberno municipal.

    14 de xuño de 2019

    O proxecto que pretende construír 56 novas vivendas na localidade de Crymych, no oeste de Gales, podería atraer persoas anglófonas e pór en risco o uso do galés na comunidade local. Crymych ten unha das porcentaxes máis altas de uso de galés en todo o condado de Pembrokeshire.

    Fonte: BBC

    14 de xuño de 2019

    Unha cafetaría da localidade de Blaenau Ffestiniog, no norte de Gales, decidiu introducir unha iniciativa para fomentar o uso social da lingua galesa. Durante un tempo ofrecerá bebidas quentes máis baratas a aquelas persoas que as pidan en galés.

    Fonte: North Wales Live

    13 de xuño de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no IES compostelán Antonio Fraguas, no acto de inauguración da mostra 'Os nove anos de Fraguas en Lugo'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de xuño de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da reedición de Estirpe, poemario de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado por primeira vez hai 25 anos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de xuño de 2019

    A editorial Tulipa presenta, na Semana do Libro de Compostela, a Colección 10x15 con cinco cadernos de poesía bilingües nos que o galego é sempre un dos dous idiomas.

    Fonte: Culturagalega.org

    13 de xuño de 2019

    Estas fichas foron elaboradas coa colaboración de GeoEuskadi e recollen, ademais dos topónimos oficiais e preferentes, abundante información en relación coa súa evolución e uso. Esta información será empregada de xeito oficial no ámbito nacional e internacional. 

    Fonte: La Vanguardia

    13 de xuño de 2019

    A Bola celebrará este verán o campamento "Cultirlingua", unha iniciativa na que os participantes poderán xogar e divertirse ao tempo que aprenden galego a través de obradoiros, música, teatro etc.

    Fonte: La Región

    13 de xuño de 2019

    Fixérono a través dun comunicado no que avogan pola protección xurídica destas linguas. Reclaman a creación dunha estratexia nacional baseada no seu recoñecemento como transmisoras de ideas e coñecemento e na necesidade de respectar os dereitos lingüísticos das persoas xordas.

    Fonte: Servimedia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder