O Parlamento de Marrocos acaba de aprobar por medio dunha lei orgánica o recoñecemento oficial do alfabeto tifinagh para a escritura da lingua bérber ou amazigh.
Fonte: Morocco World News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento de Marrocos acaba de aprobar por medio dunha lei orgánica o recoñecemento oficial do alfabeto tifinagh para a escritura da lingua bérber ou amazigh.
Fonte: Morocco World News
Nas colonias multideportivas trilingües, nenos e nenas de entre 8 e 14 anos poderán gozar de diferentes actividades deportivas en tres modalidades lingüísticas: bilingüe, éuscaro e inglés. Isto suporá a oportunidade de reforzar o aprendido durante o curso e darlle utilidade fóra das aulas.
Fonte: En Barakaldo
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o Banco Sabadell respondera en inglés unha consulta feita en galego. Isto provocou que a entidade bancaria rectificase e pedise desculpas a través da súa conta de Twitter.
Fonte: Sermos Galiza
Esta cátedra terá a finalidade de impulsar a creación de actividades de difusión e o recoñecemento dos dereitos lingüísticos e o multilingüismo. Estará apoiada economicamente pola Consellería de Educación na realización e a promoción de labores de investigación e divulgación académica mediante programas de bolsas, que axudarán a consolidar esta universidade como referente no estudo e a docencia en valenciano.
A Deputación de Pontevedra vai repartir 150 000 euros entre dous festivais de artes escénicas e doce de música ao abeiro dunha liña de axudas que esta institución creou en 2017 para apoiar e promover os festivais consolidados na provincia que utilicen o galego de xeito prioritario.
Fonte: Culturagalega.org
A través dun protocolo co Instituto Confucio da Universidade do Miño, o municipio portugués de Braga oferta actualmente clases de chinés mandarín a un total de 157 alumnas e alumnos do ensino público.
Fonte: Semanário
A ministra de Cultura de Portugal, Graça Fonseca, iniciou a súa visita oficial a China coincidindo co Festival da Cultura Portuguesa que se celebra no país asiático. Entre outros obxectivos, a visita pretende promover e estimular internacionalmente a literatura escrita en portugués.
Fonte: Observador
Estas medidas presentáronse no marco do congreso anual da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística, durante unha xornada sobre recoñecemento do patrimonio cultural e lingüístico como instrumento de dinamización económica, este ano dedicada ao recoñecemento do occitano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo os datos proporcionados pola Universidade de Santiago, durante o curso 2018-2019 o galego empregouse no 21 % das clases, o que supón un lixeiro aumento con respecto ao curso anterior, que era do 19,75 %, pero que se atopa aínda lonxe das cifras do castelán, que supera o 75 %.
Fonte: Praza Pública
O xurado da cuarta edición da bolsa Nacho Mirás para novos titulados decidiu premiar o proxecto Entrelinguas.gal, unha serie de reportaxes multimedia sobre a diversidade lingüística, cultural e histórica dos concellos galegos de Entrimo, Negueira de Muñiz, Moeche, Corcubión, Laxe, A Mezquita, Oia, Cervantes, Fornelos de Montes, Portomarín, As Nogais, Riós e Baleira.
Subscríbase ao boletín