Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xuño de 2019

    Estas medidas presentáronse no marco do congreso anual da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística, durante unha xornada sobre recoñecemento do patrimonio cultural e lingüístico como instrumento de dinamización económica, este ano dedicada ao recoñecemento do occitano.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    10 de xuño de 2019

    Segundo os datos proporcionados pola Universidade de Santiago, durante o curso 2018-2019 o galego empregouse no 21 % das clases, o que supón un lixeiro aumento con respecto ao curso anterior, que era do 19,75 %, pero que se atopa aínda lonxe das cifras do castelán, que supera o 75 %.

    Fonte: Praza Pública

    10 de xuño de 2019

    O xurado da cuarta edición da bolsa Nacho Mirás para novos titulados decidiu premiar o proxecto Entrelinguas.gal, unha serie de reportaxes multimedia sobre a diversidade lingüística, cultural e histórica dos concellos galegos de Entrimo, Negueira de Muñiz, Moeche, Corcubión, Laxe, A Mezquita, Oia, Cervantes, Fornelos de Montes, Portomarín, As Nogais, Riós e Baleira.

    10 de xuño de 2019

    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á viaxe polo Brasil cunha presentación da Estratexia Retorna 2020 e da evolución que está a experimentar o documento aprobado en abril do ano pasado polo Goberno galego para fomentar o retorno dos galegos do exterior.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de xuño de 2019

    Trátase dunha plataforma informativa, creada a través da aplicación móbil Telegram, para difundir entre a veciñanza as actividades organizadas en éuscaro. A idea, impulsada por Akebai, está sendo promovida en Eibar coa colaboración de diferentes colectivos. A información será xestionada na súa totalidade polas organizacións que colaboran nesta iniciativa.

    Fonte: El Diario Vasco

    10 de xuño de 2019

    O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo publicou en Google Play Galnet, o maior dicionario plurilingüe do galego. Trátase dunha aplicación que conta con traducións e sinónimos para dez linguas: galego, portugués, catalán, éuscaro, español, inglés, alemán, latín, italiano e chinés.

    Fonte: Universidade de Vigo

    07 de xuño de 2019

    A Universidade das Terras Altas e as Illas de Escocia publicou o seu terceiro Plan de Promoción da Lingua Gaélica que estipula as medidas que levará a cabo a institución educativa para o uso e promoción da lingua vernácula.

    Fonte: The Oban Times

    07 de xuño de 2019

    O Consello de Europa solicita a Serbia que protexa e promova as súas linguas minorizadas por medio da aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

    Fonte: Language Magazine

    07 de xuño de 2019

    Esta aplicación, dirixida especialmente a persoas xordas ou con deficiencias auditivas, recoñece voz e sons en tempo real e de xeito automático e transcríbeos a texto. En total recoñece setenta linguas, entre as que se atopa o catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

      07 de xuño de 2019

      Concretamente, podería supor a creación de máis de 10 000 postos de traballo e ao redor do 2 % do PIB asturiano. Son estimacións baseadas nos resultados obtidos na Comunidade Valenciana, no País Vasco e en Galicia sobre o estudo do impacto das súas linguas na economía. Os datos revelan que en todas elas, como mínimo, o 2 % do PIB  (4 % no caso vasco), entre 30 e 50 mil postos de traballo e máis de mil millóns de euros dependen deste impacto.

      Boletín

      Subscríbase ao boletín

      Logo Feder