Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xuño de 2019

    O Goberno Foral abre a convocatoria dun programa de inmersión lingüística denominado Estancias para vivir en éuscaro. Dirixido ao alumnado de 3º de educación primaria a 4º de educación secundaria, habilítanse ata 1050 prazas.

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de xuño de 2019

    A Generalitat Valenciana presentou a Col·lecció Rafael L. Ninyoles, cinco volumes de estudos sobre o impacto do valenciano na economía. O primeiro deles determina os catro ámbitos nos que o valenciano é chave e cifra a contribución directa e indirecta desta lingua en 2065 millóns de euros. Isto supón un peso das actividades relacionadas dun 2,1 % sobre o PIB rexional ou, o que é o mesmo, 56 367 empregos a tempo completo (o 3 % dos empregos do territorio).

    05 de xuño de 2019

    O colectivo Dinamizaestrada, que aglutina os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino da Estrada, entregou os 61 galardóns do VI Concurso de Micropoemas e Microrrelatos no marco da súa Festa das Palabras.

    Fonte: Faro de Vigo

    05 de xuño de 2019

    Ames acolle a presentación de #galegoempresas, unha plataforma web gratuíta impulsada polos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Ames para darlles maior visibilidade ás empresas ou negocios da contorna que ofrezan produtos ou servizos en galego.

    Fonte: Concello de Ames

    04 de xuño de 2019

    Esta serie, creada por Maialen Sorzabalbere e Amaia Vermello, comezará a emitirse na web de series dixitais de EiTB despois de gañar o concurso da plataforma audiovisual Next Station. Ademais deste premio, o proxecto Puntu Koma foi tamén recoñecido con varios galardóns internacionais, como o Asia Web e o Accolade Global Competition.

    Fonte: eitb.eus

    04 de xuño de 2019

    Baixo o lema 'Etsi, euskarari eutsi' ("Non deixes de tentalo, empuxa o éuscaro"), a organización Bi Haizetara celebra este ano a reivindicativa festa, co obxectivo de dinamizar esta lingua. Este ano, decimo sétimo no que se realiza o evento, a importancia recae especialmente na renovación do grupo que participa nas actividades, grazas á integración activa de cada vez máis persoas novas.

    04 de xuño de 2019

    Un equipo investigador do Grupo de Lingua e Sociedade da Información do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña bateu o récord mundial de precisión e velocidade de procesamento dun analizador sintáctico.

    Fonte: Código Cero

    04 de xuño de 2019

    Portugal chora a morte dunha das súas máis notables escritoras contemporáneas, Agustina Bessa-Luís. O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, decretou un día de loito nacional.

    Fonte: Público

    04 de xuño de 2019

    O Goberno da India revisará a polémica lei que pretende a introdución obrigatoria do hindi como terceira lingua en todos os estados do país, dada a forte oposición que desencadeou a medida no sur da India, especialmente no estado de Tamil Nadu.

    Fonte: Arab News

    03 de xuño de 2019

    O Concello de Castro Urdiales está a barallar, coa colaboración de AEK e o Instituto Vasco Etxepare, a posibilidade de impartir clases oficiais de éuscaro. Por iso, lanzou unha enquisa para coñecer o nivel desta lingua entre os posibles usuarios dun euskaltegi, un centro de ensinanza de éuscaro para persoas adultas cuxa viabilidade para este municipio cántabro se está a estudar. 

    Fonte: Ser

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder