O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, defende nun seminario na Universidade Fluminense de Niterói, Brasil, a irmandade do galego co portugués.
Fonte: Sermos Galiza
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, defende nun seminario na Universidade Fluminense de Niterói, Brasil, a irmandade do galego co portugués.
Fonte: Sermos Galiza
O Parlamento do Reino de Marrocos aprobou unha lei histórica que recoñece a lingua bérber ou amazigh como idioma oficial. A nova norma permitirá a introdución desta lingua no ensino e noutros ámbitos da vida pública.
Fonte: El Faro de Melilla
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, pronunciou a conferencia "Antonio Fraguas e o Día das Letras Galegas" convidado pola Asociación Hispano-Galega Caballeros de Santiago de Salvador de Baía (Brasil).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O novo decreto incidirá a partir de agora nos espazos lectivos non universitarios, principal novidade da norma, ademais de entrar a valorar a perspectiva de xénero. O seu obxectivo fundamental é regular a articulación entre os proxectos de normalización lingüística do éuscaro nos centros educativos de Euskadi.
Fonte: Noticias Press
Aínda que xa era posible realizar os exames de Selectividade en occitano en toda Cataluña, onde é oficial, agora tamén se formularán as probas neste idioma. É posible grazas ao acordo asinado entre o Goberno catalán, o Consello Xeral de Aran e a Universidade de Lleida co obxectivo de fomentar o coñecemento, o uso e a normalización do occitano.
A IV edición do certame Fotolingua, organizado polo Concello de Santiago para darlle visibilidade ao uso do galego no comercio, recibiu 229 imaxes únicas que se subiron ás redes sociais empregadas no concurso, entre as que resultou vencedora a de Raquel Pombar.
Bússola Literária é un mapa que localiza os recursos sobre o portugués que existen no territorio galego, desde espazos onde se pode estudar ata lugares onde adquirir libros e outro material nesta lingua. Trátase dun proxecto que xurdiu como un traballo de clase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.
Fonte: Culturagalega.org
Milleiros de manifestantes, na súa maioría alumnado de centros de ensino, manifestáronse en Biarritz para demandar a continuidade do ensino de inmersión en éuscaro.
Fonte: Ouest France
O Parlamento de Marrocos acaba de aprobar por medio dunha lei orgánica o recoñecemento oficial do alfabeto tifinagh para a escritura da lingua bérber ou amazigh.
Fonte: Morocco World News
Nas colonias multideportivas trilingües, nenos e nenas de entre 8 e 14 anos poderán gozar de diferentes actividades deportivas en tres modalidades lingüísticas: bilingüe, éuscaro e inglés. Isto suporá a oportunidade de reforzar o aprendido durante o curso e darlle utilidade fóra das aulas.
Fonte: En Barakaldo
Subscríbase ao boletín