Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de xuño de 2019

    Este dicionario en liña busca fomentar a actividade terminolóxica en linguas románicas e parte dos termos que inclúe proceden do glosario da Norma UNE-EN ISO sobre sistemas de xestión da calidade. Esta edición recolle 57 novas acepcións coas súas correspondentes denominacións en catalán, castelán, francés, galego, italiano, portugués, romanés e inglés.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    18 de xuño de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos premios de Banda Deseñada AX1 e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, que tivo lugar na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de xuño de 2019

    O Goberno do Xapón reafirma o seu obxectivo de acadar os 40 millóns de visitantes co reforzo da asistencia en linguas estranxeiras nun total de 300 circuítos turísticos de todo o país.

    Fonte: Portalmie

    17 de xuño de 2019

    Por medio dunha carta con 100 asinantes, a asociación "Langue française" pediulle ao presidente francés Emmanuel Macron maior protección para a lingua francesa fronte ás influencias e imposición da lingua inglesa.

    Fonte: Le Parisien

    17 de xuño de 2019

    Iniciativa pol Asturianu, a ONG organizadora, vén de facer pública a nova sobre a celebración deste campamento. Dirixido cara á mocidade de entre 6 e 16 anos, este campamento contará cun equipo de monitores e monitoras falantes de asturiano que realizarán todas as actividades nesta lingua. 

    Fonte: El Búscolu

    17 de xuño de 2019

    Este novo dicionario materializarase nunha web na que se recollerán máis de 3500 signos. Aínda que non se coñecen datas para este proxecto, si se sabe que todas as acepcións do dicionario serán presentadas en formato vídeo e foto. 

    Fonte: RTVE

    14 de xuño de 2019

    O Ministerio de Educación de Libia está iniciando a formación de profesorado para poder incorporar o ensino do francés no primeiro ciclo da educación secundaria.

    Fonte: The Lybia Observer

    14 de xuño de 2019

    A Universidade do Porto lanzou o Portal do Português, un sitio web para a promoción e fomento da lingua portuguesa.

    Fonte: O Minho

    14 de xuño de 2019

    Trátase dunha campaña de sensibilización que busca invitar a iniciar unha conversación en valenciano mediante esta sinxela mensaxe. Empregaranse diferentes materiais para difundir esta campaña co obxectivo de dinamizar o uso da lingua en todos os ámbitos posibles. 

    Fonte: El Económico

    14 de xuño de 2019

    Trátase do único manuscrito coñecido da obra Gramàtica Catalana do xurista Pau Cardellach. O Departamento de Filoloxía e Comunicación da Universidade adquiriuno entre 2004 e 2005 e inclúeo agora no repositorio dixital da biblioteca. O Instituto de Estudos Cataláns prevé tamén publicar unha edición comentada da obra.
     
     Fonte: Catalunya Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder