Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xuño de 2019

    Os Premios Pimes recoñecen as pequenas e medianas empresas pola integración do catalán na súa propia cultura, tirando proveito disto como un elemento de diferenciación competitiva. Este ano, pola súa calidade lingüística, a recoñecida foi a empresa Priordei, de produción e comercialización de aceite de oliva. 

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de xuño de 2019

    A Universidade de Santiago entrega os galardóns da oitava edición do concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’, un certame audiovisual que premia os mellores vídeos en galego que aclaran conceptos matemáticos.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    20 de xuño de 2019

    O Portal das Palabras quere coñecer a opinión que teñen os seus usuarios sobre os contidos que ofrece e saber cales botan en falta, polo que acaba poñer en marcha unha enquisa en liña que poderán cubrir ata a volta do verán.

    19 de xuño de 2019

    A Academia da Lingua Hebrea acaba de publicar unha lista que inclúe un total de 1400 novas palabras, moitas delas do ámbito xurídico e que substitúen termos tomados da lingua inglesa.

    Fonte: The Times of Israel

    19 de xuño de 2019

    No marco do certame Youtubeir@s, o concurso que ten como obxectivo encher as redes sociais con vídeos en galego, a Universidade de Santiago acolle o 28 de xuño o encontro “Lista de reprodución o vivo”, que busca intercambiar coñecementos, recursos e habilidades entre as persoas que integran a comunidade youtubeira.

    Fonte: Código Cero

    19 de xuño de 2019

    En total, premiáronse seis producións audiovisuais realizadas en éuscaro por alumnos e alumnas de entre 14 e 16 anos, das seis escolas participantes. A importancia deste concurso piloto recae no gran consumo deste tipo de contidos entre a mocidade.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de xuño de 2019

    Para o curso 2019/2020, a aprendizaxe do portugués como segunda lingua chegará a 63 escolas da comunidade estremeña, oito máis que o pasado curso lectivo. Isto débese en gran medida ao Plan Portugal, co que o Goberno luso busca promover a elección deste idioma como segunda lingua estranxeira nas escolas.

    Fonte: Diário de Noticias

    18 de xuño de 2019

    O Centro do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH) de México confirmou a tendencia á baixa no uso das linguas indíxenas en México e recomendou medidas para paliar esta situación.

    Fonte: 20 minutos
     

    18 de xuño de 2019

    O Goberno de Portugal segue destinando apoio a cidadáns portugueses e lusodescendentes en Venezuela. O orzamento destinado ao desenvolvemento da lingua portuguesa ascendeu no último ano a 200 mil euros.

    Fonte: Expresso

    18 de xuño de 2019

    Lanzada pola Consellería de Educación e Cultura de Asturias, a campaña #YOAPÚNTOME está dirixida a alumnos e alumnas dos centros educativos públicos da comunidade. Promove o ensino do asturiano como unha ferramenta para mellorar a competencia comunicativa e axudar na aprendizaxe doutras linguas. 

    Fonte: La Voz de Asturias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder