Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de xuño de 2019

    Un informe elaborado polo municipio galés de Gwynedd revelou que se deben facer máis esforzos para garantir que os nenos e as nenas que falan galés no ámbito educativo sigan adoptando a lingua como código de comunicación social fóra da escola.

    Fonte: Daily Post

    26 de xuño de 2019

    A partir do próximo ano lectivo, Lisboa abrirá un novo centro de ensino superior lusófono, o Instituto Politécnico da Lusofonía (IPLuso) que terá oferta educativa en diferentes áreas como administración, comunicación, arte, educación e saúde, entre outras.

    Fonte: Diário de Notícias

    26 de xuño de 2019

    O grupo Administrazioan Euskaraz Talde (AET)  sinala que a oferta do Concello de Pamplona e do Goberno de Navarra non cobre a demanda do modelo de éuscaro nas escolas infantís da cidade.

    Fonte: Navarra.com

    26 de xuño de 2019

    Desde que en 2012 a Universidade de Valencia aprobou o seu plan de incremento da docencia en valenciano, o número de docentes con esta acreditación creceu ata superar o 90 % actual. Isto supón unha subida de máis de 15 puntos porcentuais dende 2015. 

    Fonte: Levante

    25 de xuño de 2019

    Un bo número de expertos en linguas indíxenas de diferentes países reuniuse en Victoria, capital da provincia canadense de Columbia Británica, para acordar medidas que as salven da extinción.

    Fonte: News Vancouver Island

    25 de xuño de 2019

    Un estudo elaborado na Universidade de Columbia Británica revelou que os bebés de máis de 11 meses poden aprender a establecer relacións entre as linguas e os grupos étnicos.

    Fonte: Medicalxpress

    25 de xuño de 2019

    Alumnado e profesorado do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis traballaron durante este curso escolar no proxecto As palabras no Camiño, que, dada a proximidade do  Ano Xacobeo 2021, ten entre os seus obxectivos a dinamización económica e turística vinculada á ruta portuguesa e o fomento do uso do galego pola súa proximidade co portugués.

    25 de xuño de 2019

    O Premio Novela Europea Casino de Santiago abre o seu período de votacións ata o venres 29 de xuño, no Café-Casino compostelán, sede do galardón, así como nas súas entidades colaboradoras, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal e mais na librería de El Corte Inglés.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de xuño de 2019

    A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2020 a Ricardo Carballo Calero, e traballa xa na homenaxe que todos os galegos lle renderán ao mestre ferrolán o vindeiro ano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de xuño de 2019

    Intersindical Valenciana reclama medidas como a competencia lingüística para a función pública ou a creación dun espazo comunicativo compartido entre os territorios de fala catalá. 

    Fonte: València Extra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder