Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xuño de 2019

    O obxectivo destas subvencións é mellorar a presenza do éuscaro entre os negocios da cidade. Por iso, outorgaranse axudas para cambiar de idioma os rótulos principais dos negocios, para as inscricións do interior dos locais e para mellorar as imaxes corporativas, entre outras accións. 

    Fonte: Diario Vasco

    28 de xuño de 2019

    Os artigos neste idioma ocupan xa o posto número 29 entre as 302 linguas nas que existen artigos publicados en wikipedia. Este proxecto, acordado entre o Goberno Vasco e Euskal Wikilarien Kultura Elkartea e que conta coa participación de máis de 2500 estudantes, anima a alumnos e alumnas a xerar novos artigos divulgativos en éuscaro a través desta rede.

    Fonte: Deia

    28 de xuño de 2019

    Seis son os proxectos gañadores da primeira edición dos Premios Mil Primaveras, impulsados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua co obxectivo de recoñecer e difundir iniciativas, campañas ou proxectos destinados ao fomento do galego e ao incremento do seu uso e prestixio.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de xuño de 2019

    O xornal estadounidense The Washington Post amplía o seu contido en lingua española coa publicación dun podcast e columnas de opinión nesa lingua.

    Fonte: Click on Detroit

    28 de xuño de 2019

    O alumnado finlandés de último ano do ensino secundario que fala sueco como lingua materna consegue mellores resultados académicos que aqueles que teñen o finés como primeiro idioma.

    Fonte: YLE

    28 de xuño de 2019

    A empresa de software Mozillla está animando falantes de galés de todo o mundo a gravar as súas voces en galés a través da plataforma de recoñecemento vocal Common Voices co obxectivo de mellorar os servizos dixitais en galés e salvagardar o futuro dixital do idioma.

    Fonte: News from Wales

    28 de xuño de 2019

    Varios países iberoamericanos reuníronse en Bolivia para acordar a creación do Instituto de Linguas Indíxenas que velará pola preservación e desenvolvemento dos idiomas nativos que se falan nos seus territorios.

    Fonte: La Vanguardia 

     

    27 de xuño de 2019

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva do Regulamento do uso do galego no Concello de Moraña, aprobado no Pleno municipal o 7 de marzo de 2019 e no que se declara o galego idioma oficial do Concello.

    Fonte: CTNL

    27 de xuño de 2019

    Os sindicatos CSIF e APF critican a decisión de esixir o coñecemento de éuscaro nalgunhas prazas na Administración e na Policía Foral.  

    Fonte: Noticias de Navarra

    27 de xuño de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou no castelo de Soutomaior na cerimonia de entrega da XXV edición dos Premios Lois Peña Novo, que concede a Fundación Lois Peña Novo co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder