Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de xullo de 2019

    Terminoloxía de xestión da calidade, dispoñible en liña, é a segunda edición dun vocabulario, que recolle 140 termos procedentes da Norma ISO 9000:2015. Nel inclúense as denominacións equivalentes en inglés e en sete linguas románicas (catalán, castelán, francés, galego, italiano, portugués e romanés).

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de xullo de 2019

    A segunda temporada de FEST Galicia, a marca a través da que a Xunta está a promover o turismo musical sostible e de calidade, arranca no Resurrection Fest de Viveiro, o máis grande e internacional de todos os festivais galegos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de xullo de 2019

    Esta semana arrancan os XXXII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o XI Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras na Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de xullo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na presentación na libraría Couceiro de Os amorodos de Bergman, obra de Fernando Redondo Neira gañadora do XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de xullo de 2019

    O Concello de Vigo presenta unha nova edición do programa “No verán… un conto”, dirixido ao público infantil, familiar e adulto, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito do lecer.

    Fonte: Concello de Vigo

    03 de xullo de 2019

    Este xogo foi creado polo Grupo de Investigación en Psicolingüística da Universidade Rovilla i Virgili. Trátase dunha aplicación móbil que presenta palabras reais e inventadas entre as que a persoa que xoga debe descifrar se existen ou non.

    Fonte: Diari Més

    03 de xullo de 2019

    Unha asociación de empresarios de Cataluña decidiu galardoar co Recoñecemento á Calidade Lingüística Empresarial á plataforma Guies.cat, que ofrece rutas turísticas en lingua catalá por diferentes cidades do mundo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de xullo de 2019

    O Ministerio de Educación de Francia excluirá o portugués dos exames nacionais de acceso á universidade se non se incrementan as matrículas desta lingua no ensino público.

    Fonte: RTP

    02 de xullo de 2019

    A lingua asubiada de Turquía, que se fala nunha zona do nordeste do país, será ensinada na Universidade de Giresun co obxectivo de trasladar este coñecemento ás novas xeracións.

    Fonte: Daily Sabah

    02 de xullo de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na entrega do Premio Trasalba 2019, outorgado á poeta Luz Pozo Garza, da que afirmou que é unha das voces galegas máis destacadas e recoñecidas tanto a nivel nacional como internacional.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder