Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de xullo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no nomeamento dunha nova xuíza e dous novos xuíces honorarios do Couto Mixto, lugar que considerou como  “un dos símbolos de unión de galegos e portugueses, de dous pobos irmáns, na historia, na lingua e na cultura”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de xullo de 2019

    Artistas como Caetano Veloso homenaxearon a traxectoria do baiano João Gilberto que finou no Río de Xaneiro aos 88 anos de idade. Está considerado un dos mellores músicos de todos os tempos.

    Fonte: Observador

    08 de xullo de 2019

    O ministro das Comunidades do Reino Unido, Nick Bourne anunciou que unha nova partida orzamentaria de 200 000 euros será destinada á preservación da lingua e cultura córnicas.

    Fonte: Gov.uk

    08 de xullo de 2019

    Arredor dun milleiro de persoas asistiron ao 25 aniversario da Mocidade de Mallorca pola Lingua. Trátase dun evento onde actúan diversos grupos de música en catalán e se le un manifesto de reivindicación polo uso da lingua propia.  

    Fonte: Mallorca Diario

    08 de xullo de 2019

    O programa de inmersión en éuscaro Aisiz blai da localidade navarra de Altsasu está coordinado pola ludoteca municipal e tratará de reforzar o uso do éuscaro durante o verán e axudar así as familias a conciliar a vida familiar e laboral.

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de xullo de 2019

    A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acolleu un encontro organizado polo Colectivo Pertenza onde os directores de Galicia Confidencial, Praza Pública e Sermos Galiza reflexionaron sobre o futuro destes medios galegos e a importancia de apoiar e fomentar o uso da lingua galega na prensa dixital.

    Fonte: Xornal de Vigo

    05 de xullo de 2019

    O alumnado do curso "Galego sen fronteiras", procedente de 70 países distintos, visitou a Real Academia Galega para coñecer a súa historia, no marco do encontro anual que celebra a institución en colaboración co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

    05 de xullo de 2019

    A Asociación de Escritores en Lingua Galea homenaxeou a escritora coruñesa Pilar Pallarés que foi galardoada co premio Letra E que a acredita como socia de honra da entidade. 

    Fonte: La Opinión

    05 de xullo de 2019

    O compostelán Pazo de San Roque acolleu a presentación da obra Camiños de paixón, coa que Carlos Meixide se fixo co I Premio de Novela Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea e a Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de promover e divulgar a peregrinación e o fenómeno xacobeo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xullo de 2019

    A Universidade de Foggia, na rexión italiana de Apulia, impartirá a partir do novo curso académico o grao de Linguas e culturas estranxeiras que permitirá a aprendizaxe de diferentes idiomas modernos, entre eles o chinés.

    Fonte: Foggia Today

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder