O grupo de traballo do Acordo Ortográfico presentará na Asemblea da República de Portugal unha proposta para que os países lusófonos volvan negocioar o marco ortográfico común do portugués.
Fonte: Observador
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O grupo de traballo do Acordo Ortográfico presentará na Asemblea da República de Portugal unha proposta para que os países lusófonos volvan negocioar o marco ortográfico común do portugués.
Fonte: Observador
Italia chora a morte do célebre escritor siciliano Andrea Camilleri, pai das famosas novelas do comisario Montalbano. O autor faleceu en Roma aos 93 anos de idade.
Fonte: La Repubblica
Grazas ao acordo de colaboración entre o Instituto Camões e a Universidade de Cabo Verde, a illa caboverdiana de San Vicente acollerá o Centro de Lingua Portuguesa Mindelo que promoverá o ensino e a aprendizaxe do portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Revista de Llengua i Dret, editada pola Escola de Administración Pública de Cataluña, organizará a xornada "40 anos de lexislación lingüística" que analizará o pasado, presente e futuro das normas en materia lingüistica de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de clausura da mostra conmemorativa do 10º aniversario do Seminario de Estudos Locais (SEL) de Sanxenxo, que se exhibe na sala de exposicións de Nauta no Porto Deportivo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un grupo de investigación da Universidade Carlos III de Madrid conseguiu que un humanoide chamado TEO poida comunicarse en lingua de signos grazas a un estudo sobre a interacción entre robots e persoas xordas.
Fonte: Noticias de la Ciencia
O director do Instituto Cervantes adiantou que o IX Congreso Internacional da Lingua Española de 2022 terá lugar na cidade peruana de Arequipa e terá como eixe temático a mestizaxe e a convivencia do español con outras linguas.
Fonte: El País
Dous informes do British Council mostran que o español se está convertendo paulatinamente na primeira lingua estranxeira no ensino medio do Reino Unido, por diante do francés e o alemán.
Fonte: El País
A directora da revista dixital Vinte analizou nos cursos de cultura e lingua galegas "Galego sen fronteiras" os desafíos que o galego está a afrontar nos medios de comunicación na era dixital.
Fonte: RAG
O Festival Noites de cinema oriental de Vic ten como obxectivo achegarnos á cultura asiática a través do cinema coa proxección de sete películas en versión orixinal subtituladas en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín