Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xullo de 2019

    Recuperan unhas gravacións en gaélico escocés dos anos 80 para ser utilizadas agora como referencia para novos falantes da lingua. Os rexistros sonoros destacan pola súa pureza en termos estritamente lingüísticos.

    Fonte. The Scotsman

    19 de xullo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no tributo a Xaquín Lorenzo "Xocas" na casa natal do autor en Facós, promovido polo Parlamento de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de xullo de 2019

    O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 15 de marzo de 2019. Un total de 13 concellos de Santiago e a mancomunidade de Ordes recibirán estas axudas.

    19 de xullo de 2019

    O resultado das máis de 600 enquisas realizadas para este traballo axudan a concluír que entre a sociedade murciana existe grande inseguridade lingüística derivada do estigma da lingua.

    Fonte: La Verdad

    19 de xullo de 2019

    Segundo un estudo sobre o uso social do catalán realizado pola Plataforma pola Lingua, o uso da lingua catalá entre nenos e nenas no patio sofre un claro descenso e oscila entre o 35 % en primaria ao 14,6 % en secundaria.

    Fonte: El País

    19 de xullo de 2019

    A iniciativa da Universidade Asturiana de Verán (UABRA), que conta coa colaboración da Academia da Lingua Asturiana e a Universidade de Oviedo, inclúe este ano unha primeira edición do curso de galego-asturiano para mestres e un de capacitación para a tradución ao asturiano.  

    Fonte: La voz de Asturias

    19 de xullo de 2019

    O filme O que arde do director galego Óliver Laxe competirá polo Premio do Público na próxima edición do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián. Pola súa banda, o cineasta galego Eloy Enciso levará o seu filme Longa Noite ao festival de cinema de Locarno (Suíza).

    Fonte: Cultura Galega

    19 de xullo de 2019

    Un estudo realizado a máis de 25 000 adultos de 23 países revela que o inglés continúa sendo a lingua máis valorada para ensinarlles ás novas xeracións.

    Fonte: CNBC

    19 de xullo de 2019

    No ámbito da cooperación e a promoción da lingua portuguesa, a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) aprobou crear unha oficina para a alfabetización de persoas adultas.

    Fonte: Correio da Manhã

    19 de xullo de 2019

    A iniciativa do Goberno Vasco para impulsar o uso cotián do éuscaro, Euskaraldia, pasará a ter periodicidade bienal e a súa duración será agora de 15 días.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder