O programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín, que se desenvolverá en horario de mañá na praza do 8 de Marzo, ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega entre nenos e nenas entre 6 e 10 anos a través do xogo.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional porá en marcha o vindeiro curso o “Club de Letras”, unha iniciativa que nace co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas, tanto orais como escritas, do alumnado das etapas de Primaria, Secundaria e Bacharelato a través de distintas actividades que fomenten o debate, a reflexión e o pensamento crítico.
Esta obra foi editada e publicada pola Fundación Jaume III baixo a denominación Es Petit Príncep, logo da iniciativa particular do editor catalán Jaume Arbonés. A encargada da tradución foi a filóloga Sandra Amoraga Carrera.
Fonte: ABC
O profesor nipón Takekazu Asaka recibiu en Cambados o Premio Ramón Cabanillas como recoñecemento ao seu labor de divulgación da lingua e da literatura galegas. Así mesmo, presentou a tradución ao xaponés da obra A rosa de cen follas na biblioteca municipal Luís Rei.
A conmemoración celebrouse no concello barcelonés de Arenys de Mar coa colaboración do Círculo Occitano e da Concellería de Cultura. Tamén participou o director do Centro Interrexional de Desenvolvemento do Occitano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O investigador turco Vahit Tursun publicou un dicionario de grego póntico, un dialecto do grego que aínda se fala nunha rexión da costa meridional de Turquía.
Fonte: Daily Sabah
O ministro de Asuntos Exteriores de Cabo Verde, Luís Filipe Tavares, defendeu a importancia do portugués como lingua de coñecemento no arquipélago africano e recoñeceu que é necesario mellorar a súa aprendizaxe.
Fonte: Mundo ao Minuto
Os manteis distribuiranse entre os restaurantes das zonas antigas dos diferetes municipios de Menorca. Esta acción ten como obxectivo implicar os diferentes sectores económicos da illa, neste caso a hostalería, no fomento da lingua catalá.
Fonte: ABC
Recibirán o premio Santa Anneta, outorgado polo Centro Cultural de Algaida, como recoñecemento á súa capacidade asociativa e á promoción da interculturalidade e a lingua catalá que realizan entre os mozos e mozas.
Fonte: Diario de Mallorca
O xurado da 14 edición do Premio Abrente de Textos Teatrais de Ribadavia concedeu o primeiro premio ao dramaturgo José Luís Baños de Cos polo seu texto Asfixia.
Fonte: Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín

