O ministro de Educación Superior de Suráfrica, Blade Nzimande, defendeu a promoción e desenvolvemento de todas as linguas africanas e da lingua de signos no ensino universitario.
Fonte: Sowetan Life
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro de Educación Superior de Suráfrica, Blade Nzimande, defendeu a promoción e desenvolvemento de todas as linguas africanas e da lingua de signos no ensino universitario.
Fonte: Sowetan Life
A Wikipedia en asturiano foi inaugurada en 2004, e rapidamente acadou o posto número 84 en importancia. Actualmente, atópase no posto 63, co que se sitúa como unha das linguas minorizadas con maior presenza nesta enciclopedia libre.
Fonte: Asturies.com
A axencia Aire Traducciones detecta que cada vez máis empresas e persoas particulares demandan un servizo de tradución do galego a outras linguas do mundo e sinala que as combinacións galego-inglés e inglés-galego son as máis solicitadas.
Fonte: Stick
O libro contén vocabulario e conceptos básicos sobre fotografía, todos eles acompañados de imaxes e debuxos. Ademais, moitos dos termos incorporan tamén a posibilidade de visualizalos a través de vídeos en liña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha das máis prestixiosas universidades de China, a Universidade Qinghua, ofertará a partir do próximo ano lectivo portugués como materia opcional ao alumnado de todos os cursos.
Fonte: Observador
As autoridades chinesas ordenan na cidade de Pequín que os establecementos comerciais supriman ou cubran a escrita ou simboloxía árabe dos seus carteis publicitarios.
Fonte: Aljazeera
O municipio de Blumenau, no estado surbrasileiro de Santa Catarina, aprobará unha proposta para promover de xeito oficial a lingua alemá como importante trazo do patrimonio cultural inmaterial da cidade.
Fonte: O Município Blumenau
A Universidade de Vigo quere fomentar o uso do galego coa convocatoria de axudas para redactar e defender nesta lingua teses de doutoramento e cos premios á calidade lingüística nos traballos de fin de grao e fin de mestrado.
Fonte: Universidade de Vigo
O Goberno vasco entregoulles a 116 coidadoras/as de residencias o certificado do nivel B2 de éuscaro co obxectivo de que as persoas usuarias destes servizos poidan recibir atención nesta lingua.
Fonte: El Diario Vasco
O Plan Ofercat de estudo e acción de promoción dos usos lingüísticos chegará este outono a 4525 comercios de 10 cidades de Cataluña. O obxectivo desta iniciativa é coñecer a oferta lingüística destes establecementos comerciais e poñer en marcha neles accións de fomento do catalán.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín