A última modificación dos plans de estudos de Maxisterio de Educación Infantil e Primaria inclúe a autorización da mención en lingua aragonesa para ambos os graos, que serán impartidos na Facultade de Educación de Huesca.
Fonte: Lenguas de Aragón
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A última modificación dos plans de estudos de Maxisterio de Educación Infantil e Primaria inclúe a autorización da mención en lingua aragonesa para ambos os graos, que serán impartidos na Facultade de Educación de Huesca.
Fonte: Lenguas de Aragón
Un total de 470 estudantes de 4º da ESO participa durante quince días no Centro Residencial Docente de Vigo nas estancias de inmersión lingüística, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Educación que combina actividades académicas con outras de lecer.
Fonte: Atlántico
A cidade portuguesa de Gaia acolle o Foro Internacional de Gaia (FIGaia) que ten como obxectivo a promoción do desenvolvemento sustentable e a lingua portuguesa.
Fonte: Público
Dada a popularidade actual polas producións audiovisuais e a música feitas en coreano, o interese por esta lingua asiática medrou de xeito claro nos últimos anos en países de Oriente Medio como Arabia Saudita.
Fonte: Arab News
O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe convocan a VIII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, ao que poderán presentarse poemas inéditos escritos en lingua galega, cunha extensión de entre 500 e 800 versos.
O premio de tradución Plácido Castro recaeu este ano, na súa 18ª edición, no traballo de Antía Veres, a versión en galego da obra A Lost Lady da norteamericana Willa Cather. Deste xeito, por vez primeira, unha obra desta autora poderá lerse en lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
O posto de Iniciativa polo Asturiano contará este ano coa presenza de 14 empresas, o que supón o dobre de participación respecto ao ano anterior. Todas elas empregan o asturiano para a promoción dos seus produtos e aproveitarán a magnitude deste evento, polo que se espera pasen máis de 700 000 persoas, para dalos a coñecer.
Fonte: Asturies.com
A importância de chamar-se António é o título da peza coa que Xacobe García gañou o I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal, un texto que se editará en galego, castelán e portugués no marco da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.
Fonte: Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da VIII edición do Certame de Microrrelatos de Feiraco, que convoca Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O número de estudantes que cursa lingua inglesa no último ano do bacharelato do Reino Unido caeu 8,4 puntos desde 2001 a pesar de ser unha das materias máis escollidas polo alumnado.
Fonte: The Telegraph
Subscríbase ao boletín