Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de agosto de 2019

    A película O que arde do cineasta Óliver Laxe, rodada integramente en galego, exhibirase este outono no Festival de Cine de Nova York dentro do seu Panel Principal, onde competirá en versión orixinal con outros 28 filmes de 17 países diferentes.

    Fonte: Cultura Galega

    13 de agosto de 2019

    O Concello de Borriana convocou unha nova edición do Concurso de Harmonización de Panxoliñas Populares en valenciano, cuxo ganador obterá un premio de 600 euros.

    Fonte: El Periodic

    13 de agosto de 2019

    A institución do Justicia de Aragón pide que se cumpra a lexislación vixente e que nos centros onde contan coa materia de aragonés se impartan os 90 minutos á semana que establece o currículo autonómico.

    Fonte: El Diario

    12 de agosto de 2019

    Responsables do ministerio de Educación de Irlanda informaron de que a partir do próximo ano lectivo se aplicarán novas medidas para a exención do estudo da materia de lingua irlandesa nas escolas.

    Fonte: Irish Mirror

    12 de agosto de 2019

    Con motivo do Día Internacional dos Pobos Indíxenas, o secretario xeral da ONU, António Guterres, lembrou da necesidade urxente de preservar e promover as linguas indíxenas para salvalas da extinción.

    Fonte: UN News

    12 de agosto de 2019

    O Concello de Eskoriatza subvencionará cursos de cursos de éuscaro a persoas empadroadas neste municipio. As cantidades das axudas dependerán da solicitude e poderán chegar ata o 100 % da matrícula.  

    Fonte: Diario Vasco

    12 de agosto de 2019

    A Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade do Congreso apoiou por unanimidade unha proposición non de lei pola que se insta o Goberno a incorporar a lingua de signos no sistema educativo.

    Fonte: La Mar de Onuba

    09 de agosto de 2019

    Con motivo da celebración da Xornada Internacional dos Pobos Autóctonos pola Unesco, fundouse na cidade francesa de Rodez o Colectivo de Teatros en Linguas Autóctonas co obxectivo de promover a obra teatral nos idiomas rexionais de Francia.

    Fonte: Jornalet

    09 de agosto de 2019

    Usuarios e usuarias de Google Earth poden escoitar falantes de máis de 50 idiomas nativos de todo o mundo grazas ao proxecto "Celebrating Indigenous Languages" lanzado co gallo do Ano Internacional das Linguas Indíxenas das Nacións Unidas.

    Fonte: CBC

    09 de agosto de 2019

    A Deputación da Coruña apoiará a distribución na provincia de setes filmes en lingua galega cunha nova liña de axudas. Os títulos que se beneficiarán desta convocatoria son O que arde, de Oliver Laxe; Hamada, de Eloy Domínguez; Arima, de Jaione Camborda; Longa noite, de Eloy Enciso, 7 Limbos, de Berio Molina e Alexandre Cancelo; A portuguesa, de Rita Azevedo; e Tempo Vertical, de Lois Patiño.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder