Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de presentación da obra O diario de contos de Gabriela celebrado no Hospital Universitario compostelán con motivo do Día do Neno Hospitalizado.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2019

    Un estudo revela que a oficina de administración de exames do Reino Unido, Ofqual, está adoptando demasiado rigor á hora de corrixir os exames oficiais de secundaria e bacharelato, os coñecidos en inglés por GCSE e A-levels respectivamente, e isto podería ter un impacto negativo na pervivencia das disciplinas lingüísticas.

    Fonte: The Guardian

    13 de maio de 2019

    A cidade sarda de L'Alguer, Alghero en italiano ou S'Alighèra en sardo, estreou a versión catalá do seu sitio web que está dispoñible tamén en italiano. A páxina ofrece información sobre os servizos e as actividades que ofrece a localidade.

    Fonte: El Nacional

    13 de maio de 2019

    A iniciativa AragON, como parte do programa europeo Poctefa Linguatec e do programa Agora por l’aragonés, puxo en marcha un portal web que pon a disposición de interesados e interesadas ferramentas e recursos en liña sobre a lingua aragonesa. Aquí pódese atopar dende un dicionario até un tradutor en liña, así como información sobre probas de nivel e recursos educativos para docentes e alumnado.

    Fonte: Aragón hoy
     

    13 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, recibiron na praza do Obradoiro ao grupo de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2019

    O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) asinaron un convenio para a concesión dunha subvención de 12 000 euros para a promoción do éuscaro, acordo que estará vixente ata o 31 de decembro deste ano.

    Fonte: Pamplona Actual

    13 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu, no Museo das Peregrinacións de Santiago, a 122 estudantes e 10 docentes chegados do Bierzo e Sanabria, onde estudan a lingua propia de Galicia no marco dun programa de promoción da lingua galega nestas comarcas que se desenvolve ao abeiro do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León.

    13 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta de Galicia para a provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, participaron, xunto co alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, na apertura do ciclo cultural Un mes e pico. O Pico Sacro na cultura xacobea.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2019

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, entregaron o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas ao IES Álvaro Cunqueiro polo traballo Insuela, nun acto celebrado neste instituto vigués.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de maio de 2019

    A Xunta de Galicia vén de aceptar a doazón do Fondo Agustín Fernández Paz, que permitirá coñecer o importante legado literario e pedagóxico do escritor vilalbés finado en Vigo en 2016.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder